Proxecto de traballo

A ACTIVIDADE ECONÓMICA. OS SECTORES DA ECONOMÍA

Documentos de apoio para consultar / descargar / imprimir:

1º . Glosario / Dicionario ilustrado economía.

                O obxectivo desta primeira parte do proxecto de traballo sobre a economía é elaborar un glosario, é decir, un dicionario en que se explican ou comentan os termos máis importantes sen os cales non poderiamos entender o contido, neste caso sobre a economía. Os pasos para elaborar o glosario son:

  1. Lectura atenta do documento “A actividade económica”
  2. Elixir as palabras ou conceptos clave que formarán parte do glosario e ordenalas por orde alfabética.
  3. Escribimos o significado de cada palabra ou concepto clave. Para isto miramos no contido do documento, podemos completar coa axuda do dicionario ou buscando en internet e tamén podemos engadir algún comentario propio ou exemplo que coñezas.
  4. Acompañamos de imaxe ilustrativa.

2º. Mapa conceptual ”Os  sectores económicos”

                Nesta segunda parte do proxecto, imos elaborar un triple mapa conceptual sobre os tres sectores económicos, seguindo o seguinte guión:

  • Sector 1º:
    • Definición e Actividades do sector.
    • Características e conceptos principais.
      • Actividade agraria
      • Paisaxe agraria
      • Actividade pesqueira
  • Sector 2º:
    • Definición e Actividades do sector
    • Características e conceptos principais.
      • Materias primas
      • Fontes de enerxía
      • Industria
    • Distribución desigual da industria no mundo. O fenómeno da deslocalización.
  • Sector 3º:
    • Definición e Actividades do sector
    • Características e conceptos principais.
      • Comercio
      • Transporte
      • Turismo
      • Os servizos sociais
      • Outros

Para a elaboración lemos e analizamos con atención o documento “Os sectores económicos”,  á vez que imos aillando as ideas e conceptos clave. Logo completamos coa información dos temas sobre o sector primario, secundario e terciario do libro de texto. Lembra que podes complegtar tamén a información que expoñas no mapa conceptual, con anexos de información.

3º Texto expositivo

Nesta terceira parte, imos redactar un texto expositivo sobre os sectores económicos, para o que tomamos como base os mapas conceptuais  xa elaborados, asi coma os anexos de información.

4º Os sectores económicos no mundo

Elaboramos finalmente as actividades que se presentan no documento “Os sectores económicos no mundo”, xunto co texto “7 forzas que poden cambiar o futuro da economía”

%d bloggers like this: