INTRODUCIÓN


A TERRA ESTÁ EN REBELDÍA


natureA Terra está en plena rebeldía contra a acción do home. É o que chamamos cambio climático.

O mesmo ocorreu hai 55 millóns de anos. Non se debeu a acción do ser humano senon a un accidente xeolóxico que soltou aproximadamente a mesma cantidade de dióxido de carbono que a que estamos a emitir nós. Tuvo un efecto devastador. O calor subiu tanto que os crocodilos vivían no Ártico.

Cara finais deste século, é probable que o quentamento global transfomara a maior parte da Terra nun deserto e nun descampado.

No 2050 os polos estarán desxeados totalmente, … e pode que antes desda data. Londres estará sepultado baixo as augas a causa das inundacións, pero non estou seguro de si ocorrerá tan pronto. O que provocará as inundacións masivas será o desxeo dos glaciares, e pode que isto tarde un pouco máis.

londresPero desde logo, definitivamente, Londres estará inundado. E todas as zonas costeiras. Imáxinese Bangladesh por exemplo: o país enteiro desparecerá baixo as augas. E os eus 140 millóns de habitantes terán que desplazarse a outros países… Onde non serán ben recibidos. En todo o mundo haberá moitas guerras e moito sangue.

O verdadeiro problema é que a xente non se fixo cargo da situación medioambiental, e entón Gaia está facéndose cargo dela, por así decilo. O deterioro foi demasiado lonxe e agora o sistema está movéndose rápidamente cara un deses momentos críticos. Imos  vernos reducidos a quizáis 500 millóns de humanos, tan pouco coma iso, 500 millones de humanos vivindo alá arriba, no Ártico. E teremos que empezar de novo.

Dubido que nos queden maís de 10 anos para atopar repostas que nos axuden a salvar o noso planeta.


Texto elaborado a partires dunhas declaracións a El País (  marzo 2007) do científico inglés James Lovelock, pai da Teoría de Gaia, segundo a cal a terra se comporta coma un organismo viv capaz de autorregularse, tendendo sempre ó equilibrio.

Adición!


lightAdición! Sinxelamente, non existe outra palabra axeitada para describir con precisión a habituación dos estadounidenses á enerxía.(…) Con só un 6% da poboación mundial, EE.UU. consomen actualmente máis dunha terceira parte da enerxía mundial. Incluso o consumo de enerxía doutras nacións industrializadas palidece fronte ao de EE.UU.: en Suecia e Alemaña, por exemplo,o consumo de enerxía por persoa é case a metade que en EE.UU., a pesar de que os seus niveis de vida son semellantes. Estados Unidos consume máis enerxía por ano que todos os países de Europa occidental en conxunto, aínda que a poboación destes é un 75% superior.

Jeremy Rifkin: “Entropía: cara o mundo invernadoiro”


Para descargar e imprimir:

A primeira guerra fría do SXXI

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: