GUÍA DE VIAXE

GUIA DE VIAXE

Ao longo do curso iremos facendo un traballo individual ao que eu lle chamo “Guía de viaxe”, pero que ti podes poñerlle o nome ou título que che apeteza ( As miñas viaxes polo mundo, Unha voltiña polo planeta Terra, Descubrindo continente a continente, … o que se che ocurra ). Trátase de buscar información sobre os continentes e presentala a modo de informe en varias partes. Os resultados deberás poñelos na libreta correspondente, pero tamén podes de xeito voluntario colgalos nun blogue ou nun aplicación tipo Prezi

GUÍA DE VIAXE

1ª PARTE: … EN DATOS E MAPAS.

–  Táboa de datos básicos:

Superficie ( Km2)

 

Límites xeográficos

 

Habitantes ( Millóns )

 

Taxa de Natalidade

 

Taxa de Mortalidade

 

País(es) máis habitado

 

Cidade(s) máis populosa

 

Cordilleira máis importante

 

Pico(s) máis alto

 

Río(s) máis longos

 

Principais Idiomas

 

Razas

 

– Mapas fisicos: hidrografía, relevo (con cabos, golfos, mares, océanos …), clima.

– Mapa politico: países e capitais ( + cidades principais )

Criterios de avaliación:

  • Presentación, orde, claridade …

  • Contido correcto

  • Nomes de …

    • … países,océanos e unidades do relevo en maiúsculas.

    • … de ríos, montañas, cabos, mares, golfos, baías, cidades , penínsulas en minúsculas.

    • Picos marcados cun pequeno triángulo

    • Cidades marcadas cun pequeño círculo ž

2ª PARTE: COMO É ….

– Elaborar un texto no que se describa o continente desde o punto de vista xeográfico tendo en conta os seguintes puntos ( pódeche servir de estrutura textual ):

  • Localización e límites.

  • Relevo; características xerais e principais unidades.

  • Clima: tipos de clima, rasgos máis destcados e paisaxes naturais.

  • Economía: nivel de vida, índices de pobreza,maiores riquezas …

  • Demografía: habitantes, distribución ( lugares máis e menos poboados ), taxas ( natalidade, mortalidade, fecundidade ….)

  • Principais problemas

  • Razas e culturas. Linguas.

  • Imaxes ilustrativas.

– Criterios de avaliación:

  • Orde e estrutura textual.

  • Claridade na expresión

  • Vocabulario e expresións utilizadas

  • Contido

3ª PARTE: GUÍA DE VIAXE

– Propoñer unha ruta de viaxe polo continente

– Escoller varios lugares imprescindibles, aqueles que non podes deixar de visitar si viaxas a ese continente.

– O texto deberá presentarse coma un “ Diario de viaxe “, coma si ti o fixeras realmente e llo estás a contar aos demáis.

– O texto irá acompañado de imaxes e dun mapa do continente no que marques a ruta.

– Sería desexable que describiras como son, non so os lugares, senon tamén as xentes.

– Un exemplo podería ser esta

Pero mellor este blogue de Samuel: Dando a volta ao mundo

Criterios de avaliación:

  • Orde e estrutura textual.

  • Vocabulario  expresión utilizadas

  • Contido

  • O xeito de “ contar “: orixinalidade, creatividade, vistosidade, facer ver que realmente ti “estiveches” alí, transmitir a paixón pola viaxe ….

RECURSOS

AFRICA

asia

AMER NSUDAMERICA

EUROPA

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: