Arquivo do blog

2.- TEMPO E CLIMA

O clima sería coma unha película dos diferentes tipos de tempo.

TEMPO E CLIMA

Tempo (atmosférico): estado da atmosfera nun lugar e momento concretos. P.ex.: Hoxe en A           Coruña o tempo é chuvioso.

A meteoroloxía estuda os fenómenos atmosféricos (vento, chuvia,neve, saraiba…) e o mecanismo que os produce, intentando a súa predición.

Clima: sucesión dos diferentes tipos de tempo durante, como mínimo, un ano. P.ex.: O clima de Galicia é oceánico.

A climatoloxía é a ciencia que o estuda.

Diferenza entre tempo e clima: En A Coruña e Río de Xaneiro pode facer o mesmo tempo (P.ex.: chuvioso, frío, soleado,…), pero iso non quere dicir que teñan o mesmo clima (A Coruña: temperado oceánico; Río de Xaneiro: tropical)

A que se refire cada personaxe?

Que personaxe está errado?

Preme nas imaxes