Arquivo do blog

2. A estrutura interna da Terra.

Se cortaramos a esfera terrestre coma se fora unha laranxa, tería aproximadamente este aspecto no que distinguiriamos as seguintes partes:

Pensa sobre a imaxe: ¿Onde hai máis temperatura: na parte máis interior ou na máis externa?¿Que consecuencia pensas que terá isto sobre as rochas? 🙂

A nós interésanos sobre todo as partes superiores: o manto superior e a codia. Entre estas dúas sitúase a litosfera (do grego  litos, “pedra”  e “sphaira, “esfera”), que xunto a hidrosfera ( do grego “hidros”, auga ) e a atmosfera ( do grego”atmos”, aire ) forman a biosfera ( do grego “bios”, vida ). 🙂

A litosfera “flota” sobre a astenosfera, constituida por material fluido a altas temperaturas que se move en movementos de convección :

Agora veremos como a litosfera se “rompe” en diferentes fragmentos ( placas tectónicas )que se moven sen cesar ( deriva continental ) formando o relevo ( oroxénese), sismos ( terremotos ) e volcáns.

Advertisements