Arquivo do blog
3. RENACEMENTO E HUMANISMO

A escola de Atenas ( pintura de Rafael) amosa claramente o interés dos humanistas pola antigüedade clásica ( Imaxe Wikipedia )
O Renacemento é un movemento cultural, artístico e científico que se iniciou na Italia do S XV e se espallou por Europa no S XVI, baseado na nova visión que o Humanismo ten do home e do mundo:
-
Botan a mirada á antigüidade clásica: Grecia e Roma son tomadas coma modelo.
-
Cando falabamos de Grecia deciamos:
O home é a medida de todas as cousas “, decía o filósofo Protágoras na Grecia do S V a.C. Esta frase fainos ver a importancia do humanismo que está marcado a lume na cultura e civilizacións gregas e que vai chegar ata os nosos tempo. Os ideais de proporción, equilibrio, harmonía, beleza nacen aquí, na Hélade, hai máis de 2.500 anos.
Si durante a Idade Media, Deus era o centro da vida, da arte, do pensamento ( teocentrismo ), no S XVI os humanistas poñen ao home coma “ medida de todas as cousas “ ( antropocentrismo ):
-
O invento da imprenta por Gütenberg ( a mediados do S XV imprímese o primeiro libro, a Biblia ) facilitou a divulgación por toda Europa das ideas humanistas , a maioría das veces en linguas “vulgares” ( de procedencia latina: galego, castelán, catalán, francés, italiano, …)
-
O home achégase á natureza a través da experimentación e o sentido crítico, intentando comprendela e explicala: nace a ciencia moderna. Copérnico (1473-1543) formulou a teoría heliocéntrica: por primeira vez se establecía que era o Sol, e non a Terra, o centro do Universo. Esta teoría foi apoiada experimentalmente por Galileo (1564-1642) e as súas observacións co telescopio: a terra móvese arredor do Sol e non ao contraio; foi xuzgado pola Inquisición por isto e tivo que abxurar da súa teoría, ainda que despois do xuizo dixo: “ E sen embargo móvese “. Kepler (1571-1630) formulou as leis do movemento dos planetas arredor do Sol. Outro exemplo de ciencia moderna é o aragonés Miguel Servet, que destacou polo seus estudios sobre a circulación sanguínea.
-
Entre Humanistas coma Lorenzo Valla, Nicolás Maquiavelo, Xoán Luis Vives ou Tomás Moro, destaca Erasmo de Rotterdam . Quizáis se tivéramos que escoller a unha figura que representase o espírito humanismta e renacentista, esa sería Leonardo Da Vinci: artista, inventor, matemático, científico, músico, enxenieiro …

Leonardo da Vinci (exemplo claro de humanista e renacentista) e o seu debuxo O home de Vitruvio ( o home coma “medida de todas as cousas “)