Arquivo do blog

1. A HIDROSFERA

A hidrosfera é o conxunto de todas as augas que hai no planeta Terra: océanos, mares, lagos, ríos, glaciares, augas subterráneas e vapor de auga.

Podemos distinguir entre:

  • Augas mariñas ( salgadas ): os mares e os océanos. Representan a maior parte da auga do planeta: o 97,5%

  • Augas continentais ( doces ): Ríos, lagos, glaciares e augas subterráneas. Correspóndense cunha moi pequena parte da auga coa que contamos na Terra ( o 2,5 % ), da cal case as 3/4  partes están en forma de xeo ( glaciares, xeos dos polos ).

 Podemos ver a distribución da auga no planeta nos seguintes gráficos: