Arquivo do blog

ESPARTA. A OLIGARQUÍA

A rivalidade entre Atenas e Esparta acentuábase ainda máis si cabe polas diferenzas políticas entre elas.  Esparta , como a maioría de polis gregas, adoptou un sistema de goberno oligárquico: o goberno dun reducido número de grandes propietarios de terras ( terratenentes ): os aristócratas ( goberno dos mellores ).

As institucións máis importantes eran:

  • Consello de anciáns ( Xerusía ): administraban xustixa e lexislaban.

  • Asemblea ( Apella ): só ratificaba as decisión do consello.

  • 5 maxistrados ( éforos ): os que gobernaban.

  • Diarquía: dous rei que só ostentaban o papel de xefes do exército.

Esparta era unha sociedade militar, na que o exército tiña un papel determinante. Así é que os nenos eran apartados da súas familias con 7 anos para ter unha disciplina e  educación militares.