Arquivo do blog

1. A ATMOSFERA

A atmosfera 🙂 é unha capa de gases ( nitróxeno – 78% – e osíxeno- 21%- principalmente, ademáis de ozono, dióxido de carbono – CO2– e outros ) duns 1.000 km de espesor que envolve o Planeta Terra. Como podemos observar na imaxe, podemos distinguir varias capas:

Imaxe: ClimaEuCambio . Prox. Climántica

Por varias razóns, a atmosfera ten unha importancia definitiva para a a vida na Terra:

  •  Os seres vivos necesitan dos seus gases – fundamentalmente osíxeno – para vivir.

  •  A capa de ozono actúa como a un filtro que protexe aos seres vivos dos raios ultravioletas.

  •  Na atmosfera hai uns gases que reciben o nomes de “gases de efecto invernadoiro “ (CO2, vapor de auga, metano,…) que reteñen parte da enerxía solar na atmosfera, conseguindo que haxa unha temperatura media de 15oC. Este chamado “efecto invenadoiro” é beneficioso para a vida no noso planeta, pero que nos últimos tempos o home está a acelerar, facendo que aumente a temperatura atmosférica, contribuindo polo tanto ao cambio climático.

  •  Por último, na capa máis próxima á superficie terrestre – a TROPOSFERA – prodúcense os fenómenos meteorolóxicos relacionados co clima ( precipitacións, vento,…)