Arquivo do blog
3. AS AUGAS MARIÑAS
As augas mariñas teñen a característica principal de que son salinas, ainda que presentan diferente salinidade segundo sexan océanos e mares abertos, coma o Cantábrico, ou pechados coma o Mediterráneo ou o mar Morto. Por exemplo, neste último a salinidade é 10 veces máis ca un océano : as augas do mar Morto conteñen 35 gramos por litro.
A temperatura pode variar ente -2oC das augas polares e 36 oC do Golfo Pérsico, ainda que o promedio é duns 17 oC
A pesares do que podes pensar, as mareas e as ondas non son os únicos movementos das augas mariñas. As correntes mariñas son verdadeiros ríos nos océanos.
A auga dos océanos móvese constantemente en grandes círculos: son as correntes mariñas, que poden chegar a ter miles de quilómetros e que están gobernadas ou son provocadas por 3 causas principais:
O vento, o movemento de rotación terrestre e a corrente termohalina.
Así créase un sistema de grandes correntes, que ten a súa orixe na zona ecuatorial. As correntes ecuatoriais cálidas vanse desprazando cara ao oeste e ao chocar cun continente desvíanse cara ao norte e ao sur. Son:
-
a corrente nor e sur–ecuatorial
-
a corrente do Golfo (Gulf Stream)
-
a corrente de Kuro-Chivo
Ao moverse atraen cara á zona intertropical augas frías dos fondos ou das zonas polares. Son as correntes frías de:
-
Groenlandia e Labrador
-
Canarias
-
Benguela
-
California
-
Humbolt ou de Perú
-
Malvinas (ou Falkland)
-
Oya-Chivo
As correntes mariñas teñen moita influencia sobre os climas da Terra, aspecto que analizaremos no seu momento.