Arquivo do blog

O RELEVO DE ASIA

O continente asiático ten unha superficie de 43.748.627 km2, o que o convirte no maior do planeta.

Case todo o continente está entre o Ecuador e o Círculo Polar Ártico. Limita con tres océanos: o O.Glacial Ártico ao Norte, o O. Índico polo Sur e o O. Pacífico polo Leste. Polo Oeste, está separado de Europa polos Montes Urais , o mar Caspio, o Cáucaso e o Mar Negro ( o estreito do Bósforo separa estes dous continentes ). Os límites con África son o mar Vermello e a Canle de Suez. Polo que respecta aos límites entre Asia e Oceanía, son máis complicados de delimitar, pero poderiamos situalos ao sur das illas de Indonesia, Borneo e Filipinas.

O choque das placas Arábiga, Iránica, Indoautraliana e Pacífica contra a Euroasiática, orixinou toda unha liña Oeste – Leste de cadeas montañosas, ao mesmo tempo que fai que en todo o Sur e Leste de Asia sexan comúns os movementos sísmicos ( terremotos ) acompañados, si ocorren na costa ( Xapón, Indonesia,…), por tsunamis.

Entre estes sistemas montañosos, en Asia atópase a cordilleira que conta con máis altitude do planeta: O Himalaia. Alí podemos atopar os “ 14 oitomiles”, as únicas cumbres que superan os 8.000 m de altitude, entre a que está a de máis altitude do planeta: o Everest ( 8.848 m. ). Pero tamén conta con cordilleiras coma os Montes Zagros, o Hindu Kush ou os Montes Altai.  

As mesetas so moi numerosas ( Deccán na India, Anatolia en Turquía, Irán, Siberia, Arabia, ….) destacando sobre todas elas a Meseta do Tíbet. Para que te deas conta das súas dimensións, fíxate:

  • A súa superficie ( 1.000 km x 2.500 km = 2.500.000 km2) , é coma 5 veces máis grande que toda a Península Ibérica e máis de ¡ 80 veces maior que Galicia!

  • A súa altitude media ( 4.500 m. ) é ¡case 8 veces maior ca de España e máis de 9 veces a de Galicia!

Outras mesetas son as de Pamir ou o altiplano de Mongolia, cera dos cales atopamos o Deserto do Gobi.

Por outra parte, o continente asiático ten enormes extensións de chairas e depresións que se extenden desde as cadeas montañosas ata o mar, percorridas por  ríos que soen ser longos e moi caudalosos. Destaca a Gran Chaira de Siberia (ríos Obi, Ienisei,…) ao Norte ou as de Mesopotamia (ríos Tigris, Éufrates) India ( ríos Ganxes e Indo ), Indochina ( río Mekong ) e China (ríos  Hoang-Ho e Iangtse – Kiang ).

Ás veces, as depresións están ocupadas por mares interiores, coma o Mar Morto, o Caspio ou o Aral.

Podemos distinguir tamén en Asia penínsulas coma as de Anatolia, Arábiga, Indostán, Indochina, Corea ou Kamchatka, entre as máis importantes.