Arquivo do blog

2. EUROPA NO ANO 1.000

A vida era moi dura para os habitantes da Europa do ano mil. As condicións de vida non eran fáciles:

  • Unha agricultura moi atrasada e, xa que logo, moi pouco produtiva. Ante calquera calamidade ( unha seca, inundacións, pragas … ) as xentes se enfrontaban á fame. E iso ocorría de cotío.

  •  A esperanza de vida era moi curta. A mala alimentación facía máis doado contraer enfermidades e isto aumentaba a mortalidade.

  • Durante os S IX e X, Europa volve a sufrir novas invasións, sobre todo dos vikingos ou normandos ( polo Norte ), maxiares e eslavos ( polo Leste ) e piratas sarracenos (musulmás, polo Mediterráneo ). Son o que se coñecen coma segundas invasións ( Lembra: as primeiras foron no SV e os pobos bárbaros acabaron co Imperio Romano ). ¿Cal é a consecuencia destas invasións? Inseguridade, guerras, saqueos, máis pobreza, retroceso cultural … Sobre o ataque vikingo a Santa Eulalia de Curtis (Galicia) no ano 995, un documento da época conta:

    Read the rest of this entry