O XORNAL DA HISTORIA
Trátase de escribir sobre acontecementos ou feitos da Historia para contalos ao voso xeito. Contaremolo todo coma se novas dun xornal foran.
Lembra como debes escribir unha nova:
-
Titular: Escoller un título que sexa un resume e que sexa chamativo, que capte a atención do lector.
-
Entradiña: a xeito de pequeno resume da nova.
-
Corpo da nova: é o texto informativo no que se dan os datos que desenvolven o apuntado no titular e na entradiña. Nesta parte é necesario ter en conta as 5 cuestións seguintes:
Que: contar o ocurrido.
Quen: personaxes
Cando: localizar a nova no tempo
Onde: localizar a nova no lugar
Por que: dar as razóns polas que ocorreu o feito
– Criterios de avaliación:
-
Utiliza un titular orixinal … e adecuado ao que se quere contar.
-
Na entradiña resume nunha ou dúas frases curtas o máis importante.
-
Redacta a nova:
Dando os datos fundamentais
Fai referencia aos protagonistas principais.
Localiza no espazo e no tempo.
Redacta de xeito orixinal ( sen copia-pega ).
Non se excede no “tamaño” da nova.
Utiliza un vocabulario adecuado.
-
Acompaña a nova con polo menos unha imaxe adecuada ao que se conta nela.
-
Adxunta material adicional: presentación ou vídeo orixinal.
-
Fai referencia ás fontes de información utilizadas e das imaxes.
-
Os membros do equipo tiveron todos unha participación activa.
Excelente 5 | Ben 3 | Mellorable 1 | Deficiente 0 | |
TITULAR | ||||
ENTRADIÑA | ||||
DATOS E PROTAGONISTAS | ||||
LOCALIZACIÓN ESPAZO-TEMPORAL | ||||
REDACCIÓN | ||||
IMAXES | ||||
MATERIAL ADICIONAL | ||||
FONTES DE INFORMACIÓN | ||||
TRABALLO EN EQUIPO |
Para maior axuda, lembra o material que traballamos o ano pasado no proxecto A escola dos av@s:
Nova_modelo
A noticia
No blogue Xornal da Historia tes exemplos:
Estas son as novas:
- Morre Teodosio: o Imperio Romano divídese en dous.
- Alarico saquea Roma.
- Liberdade de cultos no imperio. Edicto de Milán.
- O cristianismo, relixión oficial. Edicto de Tesalónica
- Os bárbaros entran en Hispania.
- A batalla do río Órbigo.
- Carlomagno, coroado emperador.
- Carlos Martel vence aos árabes en Poitiers.
- Mahoma fuxe da Meca a Medina.
- Morre Xustiniano.
- Constantino, coroado emperador.
- ¿Quen é Atila?
Deixar un comentario
Comments 0