Unha imaxe, unha historia
Desde o ENDL, en colaboración co departamento de Historia, lanzamos un novo proxecto:
“Unha imaxe, unha historia” ( ver o BLOGUE )
Tratarase dun traballo sobre fotografías da Pobra, as súas xentes, os seus lugares, as súas festas, as súas tradicións,…
E cada unha delas, seguro agocha unha historia.
Buscádea !!
- Esquema de traballo:
- Busca imaxes do pasado. Seguro que se remexes nos faiados, nesas caixas de lata que os avós e, sobre todo, as avoas teñen, aparecerán fotografías sorprendentes sobre A Pobra, os seus luigares, as súas xentes, …
- Volve a facer a mesma fotografía no mesmo lugar e, a poder ser, coa mesma xente.
- Analiza as imaxes seguindo este guión que che propomos. De seguro que che axudará a extraer un feixe de información das imaxes: GUION LECTURA DE IMAXES
- Escribe unha historia a partires da imaxe. Unha historia que pode ser real, inventada a partires dos lementos das imaxes, …. Para isto propómosche uns consellos para facela: A historia a partir das imaxes
Solicitamos de todo o alumnado e profesorado toda a axuda que poidades – e esteades dispostos a – prestar.
Agardamos as vosas aportacións !!