PARA COMEZAR

ECONOMÍA E MUNDO CONTEMPORÁNEO              

Textos para a análise

Podes baixalos aquí:

ECONOMÍA E MUNDO CONTEMPORÁNEO

 

RELACIÓNS IMPOSIBLES: ECONOMÍA REAL-ECONOMÍA FINANCIERA

Un canón no cu

Juan José Millás   14 AGO 2012  ( El País )

 

Si o entendimos ben, e non era fácil porque somos un pouco bobos, a economía financieira é á  economía real o que o señor feudal ao servo, o que o amo ao escravo, o que a metrópole á colonia, o que o capitalista manchesteriano ao obreiro sobreexplotado. A economía financieira é o inimigo de clase da economía real, coa que xoga coma un porco occidental co corpo dun neno nun burdel asiático. Ese porco fillo de puta pode facer, por exemplo, que a túa produción de trigo se aprecie ou se deprecie dous anos antes de que a sementaras. En efecto, pode mercarte, e sin que ti te enteres da operación, unha colleita inexistente e venderlla a un terceiro que a venderá a un cuarto e este a un quinto e pode conseguir, según os seus intereses, que ao longo dese proceso delirante o prezo dese trigo quimérico se dispare ou se funda sin que ti gañes máis si sobe, ainda que irás á merda si baixa. Si baixa demasiado, quizáis non te compense sementalo, pero quedarás endebedado sin comelo nin bebelo para o resto da túa vida, quizáis vaias ao cárcere ou á forca por elo, depende da zona xeográfica na que caeras, ainda que non hai ningunha segura. Diso trata a economía financieira.

Estamos falando, para exemplificar, da colleita dun individuo, pero o que o porco fillo de puta merca polo xeral é un país enteiro e a prezo de risa, un país con todos os seus ciudadáns dentro, digamos que con xente real que se ergue realmente ás seis da mañán e se acosta de verdade ás doce da noite. Un país que desde a perspectiva do terrorista financieiro non é máis que un taboleiro de xogos reunidos no que un conxunto de Clicks de Famóbil se move dun lado a outro como se moven as fichas polo xogo da Oca.

(…) A economía financieira, si vamos entendéndoo, significa que o que che mercou aquela colleita inexistente era un cabrón cos papeiss en regla. ¿Tiñas ti liberdade para non vendérllela? De ningunha maneira. Comprarialla ao teu veciño ou ao veciño do teu veciño. A actividade principal da economía financieira consiste en alterar o prezo das cousas, delito prohibido cando se da a pequena escala, pero alentado polas autoridades cando as súas magnitudes se salen dos gráficos. (…)

Na economía real, para que unha leituga naza hai que sementala e coidala e darlle o tiempo preciso para que se desenvolva. Logo hai que recolectala, claro, e envasala e distribuila e facturala a 30, 60 ou 90 días. Unha cantidade enorme de tempo e de enerxías para obter uns céntimos, que dividirás co Estado, a través dos impostos, para costear os servizos comúns que agora nos están reducindo porque a economía financieira dou un traspé e hai que sacala do bache. A economía financieira non se conforma coa plusvalía do capitalismo clásico, necesita tamén do noso sangue e nisto está, por eso xoga coa nosa sanidade pública e co noso ensino e coa nosa zustiza ao xeito no que un terrorista enfermo, vala a redundancia, xoga metendo o canón da súa pistola polo cú do seu secuestrado. (…)

 

IDEAS PARA SAIR DA CRISE. UNHA INVITACIÓN AO DEBATE

( José Mª Aznar – Fundación FAES – Marzo 2009 )

 

Vivimos tempos de crise financieira e de crise económica. De estalido de burbullas financieiras e inmobiliarias, e de crecimento cero na economía mundial. De crises bancarias e de intensa recesión en Estados Unidos e en Europa. Enfrentámonos ás peores perspectivas económicas desde a segunda guerra mundial. (…)

Co actual panorama económico, é lóxico que proliferen os enfoques profundamente pesimistas. É lóxico que se compare a actual crise coa Gran Depresión que arrancou en 1929. É menos lóxico (ou, polo menos, non responde á lóxica económica) que haxa quen pretenda inventar que esta crise significará para o capitalismo o que para o comunismo supuxo o derribo do Muro de Berlín.  Esta crise, evidentemente, non representa en modo algún o final do capitalismo. (…)

En definitiva: ¿qué fallou? Fallaron os bancos centrais, empezando pola Reserva Federal en Estados Unidos, seguindo polo Banco Central Europeo, e sin esquecer aos bancos centrais das puxantes economías asiáticas. Fallaron porque inundaron de diñeiro demasiado barato a economía mundial en periodos de auxe.  Fallaron tamén os Estados, porque non regularon como era necesario a actividade financiera. Non é que houbera pouca regulación, é que a regulación non foi a adecuada. E fallaron tamén os Estados na súa responsabilidade de supervisar correctamente a saúde do sistema bancario e o bo funcionamento dos mercados de valores.

Ademáis destes erros en política monetaria e financieira, os Estados fallaron na súa política fiscal, ao embarcar aos seus países nun gasto público excesivo; nas súas políticas públicas, ao fomentar a compra de vivendas entre sectores da población sin recursos para facer frente aos pagos, e ao pospoñer as necesarias reformas estruturais que mantiveran a puxanza económica a medio e longo prazo.

Os bancos cometeron un grave erro de imprudencia cando o seu negocio esixe, en primeiro lugar, a cautela: concederon demasiados créditos sin suficientes garantías, que agora engordan as tasas de morosidade.

E algúns dos axentes que operan nos mercados financieiros e bursátiles aproveitáronse dunha regulación inadecuada para actuar sin a transparencia, profesionalidade e ética que os seus clientes esperaban deles, co coñecido resultado de estafas, escándalos e pérdida de confianza. ( …)

 

A fame cotiza en Bolsa

 A sequía nos mercados financieiros volcaron a certos inversores nas materias primas. Fondos de alto risco e bancos inflúen agora no que vale o pan en Túnez, a farina en Kenia ou o millo en México. O Banco Mundial fai soar a alarma pola explosión dos prezos alimentarios

H. Knaup / M. Schiessl / A. Seith 4 SEP 2011  Der Spiegel

 

A sala na que se reparte a comida do mundo parece cualqueira cousa menos apetitosa. Na Bolsa de Chicago hai cachos de papel e vasos de cartón por todas partes, homes sudorosos con chaquetas de cores chillóns van dun lado a outro, xesticulan, gritan e se enzarzan en pelexas polos contratos de sementes de soia, carne de porco ou cereais.

Aquí, na sala de negociación da maior Bolsa de materias primas do mundo se decide sobre os prezos dos alimentos, e con eles sobre o destino de millóns de persoas. A fame do planeta organízase aquí, ademáis da riqueza duns poucos.

Para Alan Knuckman non hai mellor lugar no mundo: “Isto é o capitalismo en estado puro”(…) “Estou aquí para facer cartos”, comenta. Como o haga dalle igual. Para el non hai diferenza ninguna entre petróleo, plata e alimentos. “Non creo na política, sinon no mercado, que sempre tén razón”.

¿A escalada dos prezos dos alimentos? Para el, son unha simple expresión do juego da oferta e a demanda. ¿Os especuladores? Son bos para os mercados, porque predicen con antelación os acontecimentos. ¿Excesos especulativos? “Non vexo onde”, afirma. (…)

O pan do mundo atrae a inversores aos que lles interesan tan pouco os cereais como, anteriormente, as empresas punto.com ou as hipotecas subprime. Estamos falando de fondos de pensións que manexan cifras multimillonarias e de pequenos aforradores que buscan novas oportunidades de inversión máis seguras, ou de bancos que ofrecen apostas financieiras ao por maior sobre fondos de inversión en produtos agrícolas.

O lado oscuro de todo isto é que, en paralelo á fame de agroaccións, tamén suben os prezos dos alimentos. Xa en marzo, a FAO anunciou que se alcanzaran novos récords nos prezos, que superaron incluso os da última gran crise alimentaria de 2008. Según o Índice de Prezos dos Alimentos da FAO, o coste dos produtos alimenticios experimentou un alza do 39% no curso dun año. Os prezos dos cereais subiron un 71%, ao igual que os dos aceites e graxas destinados á alimentación. O último índice publicado, en xullo pasado, marcaba os 234 puntos, só catro por debaixo do récord histórico de febreiro. “A época dos alimentos baratos acabou”, profetiza Knuckman.

Para os seus compatriotas estadounidenses, que destinan o 13% da rena disponible a adquirir produtos para a nutrición, pode que a alza dos prezos non pase de ser unha molestia. Pero para os pobres do mundo, que adican a comer o 70% do seu magro presuposto, é unha ameaza existencial.

Desde xuño do ano pasado, 44 millóns de persoas caeron baixo o umbral da pobreza só a causa do incremento dos prezos dos alimentos, según o Banco Mundial. Son persoas que teñen que sobrevivir con menos de 1,25 dólares diarios. Hai máis de mil millóns de persoas que sofren desnutrición no mundo. A actual fame do Corno de África tampouco é consecuencia exclusiva da seca, a guerra civil ou as élites corruptas, senón dos elevados prezos dos alimentos.

“Efectos colaterais no desexados do mercado”: así describe Knuckman o feito de que os máis pobres entre os pobres non podan permitirse comer. (…)

 

 1.- Lectura atenta dos textos:

  • Subliña e fai as anotacións que consideredes necesario.

  • Ailla as ideas que consideres máis importantes.

2.- Despois desta lectura, ¿pensas que os textos son obxectivos? ( Razoa, non vale con poñer si ou non )No caso de que penses que están pragados de subxectividade, ¿podemos extraer conclusións obxectivas? ( Razoa, non vale con poñer si ou non )

3.- Contextualiza os textos, é decir, sitúaos no momento e no espazo.

4.- ¿Cal e a diferenza ou duifrenzas fúndame tais que atopades entre o texto de J.J. Miillás e de J.M. Aznar? ¿E entre estes e os dous seguintes?

5.- Fai un esquema no que relaciones as diferentes ideas extraídas dos diferentes documentos.

6.- Elabora un texto o máis sinxelo posible partindo dese esquema.

7.- ¿Pode a Historia explicar o presente, facernos comprender o mundo actual? Dá 2 razóns ( tanto a resposta sexa en sentido negativo ou positivo )

 

TEXTOS COMPLETOS:

RELACIONES IMPOSIBLES

CRISIS_FUNDACION FAES

El hambre cotiza en Bolsa

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: