Música e Historia

pixabay.com

Historia e música están intimamente ligados. Todo momento histórico ten a súa banda sonora. Esta é unha proposta para que vexamos momentos históricos do mundo contemporáneo desde unha perspectiva distinta, a que nos proporciona a música.

 

Cada grupo traballará sobre un mínimo de 2 cancións escollidas por vós:

  • Unha que teña relación cun momento da historia contemporánea, directamente (forma parte dese momento) ou indirectamente (cóntanos a historia ou algo relacionado con ela)
  • Outra,  que nos poña en contacto co mundo que nos toca vivir, coa actualidade e a súa problemática.

 

 

 


Aquí vos deixo exemplos nesta lista de reprodución de Youtube:


Que temos que facer?

  • Poñer un título ao traballo, que debe constar de 2 partes:
    1. Título orixinal da canción.
    2. Subtítulo, no que, de xeito sinxelo, fagamos referencia á temática e/ou contexto histórico da canción.
  • Facer unha pequena reseña sobre o/a autor/a ou grupo musical que interpreta a canción.
  • Presentar a letra na súa lingua orixinal e en galego.
  • Facer unha análise da mesma, poñendo en relación que o que di e o que nos quere contar.
  • Situarnos, xa de xeito máis amplio, no contexto histórico e temática.
  • Curta reseña dos personaxes do contexto histórico, de habelos.
  • Conclusións e Comentario crítico persoal.
  •  Bibliografía:
    1. Fontes das que se extraeu a información
    2. Enlaces a entrevistas, reportaxes, noticias … sobre o acontecemento, autor, cantante, grupo, personaxe ….
  • Finalmente elaborar unha infografía seguindo esta guía;comoelaborarinfografia

 

 

%d bloggers like this: