A viaxe de…
Durante 0 curso 2016-17 as alumas e alumnos de 2º ESO participaron nun proxecto interdisciplinar (Xeografía e Historia, Lingua galega e Lingua castelá) sobre os movementos migratorios. O obxectivo era contar a odisea dunha persoa que tivo que marchar ou fuxir, que é peor, do seu fogar, abandonando incluso a familia e amigos.
Estes son algúns dos exemplos do traballo elaborado polo noso alumnado. Tentamos expoñelo nun espazo web (preme na imaxe inferior) e tamén nunha pequena exposicón no noso centro.