A Globalización

Para descargar e/ou imprimir: Globalizacion.Concepto

Concepto de globalización

Chámase globalización ao proceso polo cal as relacións entre as diferentes partes do mundo (globo) faise cada vez máis estreitas, e os países son cada vez máis interdependentes, é dicir, dependen un doutro.

O proceso de globalización foi progresivo, durante toda a historia foise avanzando, pero nas últimas décadas desenvolveuse con maior intensidade e alcanzou un punto máximo.

Aspectos positivos.

A globalización ten moitos aspectos positivos:

  • Globalización da tecnolóxica. Os avances científicos difundíronse por todo o mundo, aínda que de maneira moi desigual.
  • Globalización das comunicacións e os coñecementos. Hoxe é posible a comunicación inmediata entre lugares moi distantes. Isto fixo posible o intercambio de ideas, opinións e coñecementos.
    • Internet e comunicacións.
  • Globalización da democracia: o sistema de democracia parlamentaria difundiuse máis que nunca, pero aínda quedan sistemas ditatoriais e as democracias parlamentarias teñen defectos que as fan menos democráticas do que poderían.
    • Fin das ditaduras latinoamericanas e da Europa mediterránea
  • Globalización dos dereitos humanos. Estendeuse por todo o mundo a idea de que hai que preservar uns dereitos humanos básicos que sexan universais, é dicir que afecten a todas as persoas por igual sen discriminación por razón de sexo, ideas, relixión, procedencia, cor da pel, etc. Aínda que na práctica hai moitos sitios onde non se respectan.
    • Mapa discriminación muller, relixións.
  • Globalización económica. Aspectos positivos teoricamente:
    • Libre movemento das industrias e empresas:
      • Positivo: o país receptor da industria sae beneficiado.
    • Libre movemento de produtos:
      • Positivo: as e os consumidores poden acceder a un maior número de produtos e a un menor prezo.
    • Libre movemento de diñeiro (capitais)
      • Positivo: o país receptor de investimentos sae beneficiado durante o tempo que ese diñeiro siga nese país.

Aspectos negativos.

Pero hai cousas que non se globalizaron (globalización incompleta):

  • Non hai globalización dos dereitos laborais.
    • Hai países nos que non se respectan os dereitos laborais. Os seus traballadores e traballadoras reciben salarios moi baixos (de subsistencia), traballan moitos máis días e moitas máis horas (explotación laboral), as mulleres traballan aínda en peores condicións (discriminación laboral das mulleres) ademais os nenos e as nenas tamén traballan e non poden estudar (traballo infantil). A consecuencia é que as empresas se trasladan a estes países porque gañan máis. Isto prexudica ao país onde si se respectan os dereitos laborais xa que perde postos de traballo e prexudica tamén aos traballadores e traballadoras do país ao que chegan as empresas xa que non poden mellorar a súa situación laboral se non queren que a empresa se traslade a outro sitio.
  • Non hai globalización social.
    • Os servizos sociais (educación, sanidade, pensións, etc.) necesitan diñeiro do Estado para poder ser universais, hai países nos que hai impostos normais para manter pero hai outros nos que os impostos son moi baixos porque non teñen servizos sociais universais. A consecuencia é que as empresas se trasladan a estes países para pagar menos impostos. Isto prexudica ás persoas que viven no país con impostos normais, xa que terán menos diñeiro para manter os servizos sociais, e tamén prexudica ás persoas que viven no país cos impostos baixos, xa que non poderán ter uns servizos sociais universais porque se sobe os impostos a empresa trasladaríase a outro sitio.
  • Non hai globalización fiscal.
    • Ademais hai países nos que podes levar o teu diñeiro para non pagar impostos. Chámanse paraísos fiscais. Isto prexudica ás persoas que viven no país con impostos normais, xa que o diñeiro fóxese a eses países e teñen menos diñeiro para manter os servizos sociais.
  • Non hai globalización das fronteiras.

Non hai libre movemento de persoas. Unha empresa doutro país poden instalarse no teu (multinacional) para gañar diñeiro e logo levar ese diñeiro ao seu país, pero ti non podes ir a ese país que recibe os beneficios que gañou na túa terra.

O positivo pode converterse en negativo.

Os aspectos económicos da globalización, dos que falamos antes, que son positivos en teoría, convértense na práctica en negativos ao non existir unha globalización completa:

  • Libre movemento das industrias e empresas:
    • Positivo: o país receptor da industria sae beneficiado.
    • Negativo: o país emisor sae prexudicado, se desindustrializan e aumentan o seu desemprego polo traslado (deslocalización) da súa empresa a outro país con man de obra barata.
  • Libre movemento de produtos:
    •  Positivo: os consumidores e consumidoras poden acceder a un maior número de produtos e a un menor prezo.
    • Negativo:
      • As empresas que producen en países onde os salarios son demasiado baixos venden os seus produtos a prezos baixos, iso fai que as empresas que pagan salarios xustos non poidan competir e pechen. Ao facelo os seus traballadores e traballadoras perden os seus traballos e a súa situación empeora.
      • Os e as traballadoras dos países nos que os salarios son demasiado baixos, non poden comprar nin sequera os produtos que eles fabrican, que han de venderse en países nos que teñen salarios xustos.
  • Libre movemento de diñeiro (capitais)
    • Positivo: o país receptor de investimentos sae beneficiado durante o tempo que ese diñeiro siga nese país.
    • Negativo:
      • O país receptor de investimentos non ten garantías que continuidade xa que eses investimentos poden retirarse de novo en calquera momento.
      • O país emisor de investimentos sae prexudicado xa que ese diñeiro podería investirse no seu país e non o fixo.
      • Os capitais poden esconderse en países onde non pagan impostos (paraísos fiscais) e o Estado queda sen ingresos suficientes para manter os servizos sociais (sanidade, educación, pensións, etc.)
      • Como os investidores buscan trucos para pagar moi poucos impostos, os Estados cada vez teñen menos diñeiro e perderon o control da economía. Agora a economía diríxena os investidores, o problema é que os investidores buscan o seu beneficio privado e non o interese xeral.
      • Como os investidores non pagan impostos cando fan apostas nos mercados de valores internacionais (como a bolsa). Usan case todo o seu diñeiro nesas apostas (especulación) no canto de usalo para investir en empresas produtivas.
  • Como a economía réxese unicamente pola procura do beneficio privado, o medio ambiente degradouse:
    • Permitiuse a destrución de ecosistemas (bosques e especies)
    • O esgotamento dos recursos naturais
    • A contaminación de augas e aire (cancro)
    • Conclusión: os nosos fillos e fillas van vivir nun planeta máis feo e máis contaminado que o que tiñamos ao nacer.

Aclaración sobre a globalización e a antiglobalización.

A quen defende que a globalización sexa incompleta (unicamente de empresas, produtos e capitais) chámaselles neoliberais (aínda que se chaman a si mesmos liberais). Consideran que a globalización completa lógrase liberalizando unicamente os movementos de capitais, empresas e produtos, xa que están en contra dos dereitos laborais e sociais. O dereito máis importante e o único que debe garantir o Estado é o dereito á propiedade privada.

A quen defende unha globalización completa que inclúa a globalización social, fiscal e dos dereitos laborais chámaselles altermundistas (aínda que os neoliberais chámanlles despectivamente defensores e defensoras da antiglobalización). Os e as altermundistas consideran que hai outros dereitos igual de importantes que o da propiedade privada, polo que o Estado ha de buscar un equilibrio entre todos eles.

As persoas altermundistas son antiglobalizadoras no sentido que son contrarias á globalización que defenden os neoliberais, as persoas neoliberais son antiglobalizadoras no sentido que non queren unha globalización completa.

Autor do texto orixinal: Francisco Ayén, con licenza https://www.profesorfrancisco.es/2013/07/globalizacion-unidad-didactica.html

Imaxes: pixabay.com

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: