O texto expositivo

Para descargar e/ou imprimir:

O TEXTO EXPOSITIVO

            Un texto expositivo é aquel que expón feitos, ideas, conceptos … de maneira obxectiva (sen ideas ou opinións de quen escribe), clara, precisa e ordenada.

            A   estrutura dun texto expositivo consta das seguintes partes principais:

  • Título. É un primeiro achegamento ao contido, polo que debe quedar moi claro sobre o que imos falar no texto: o tema principal. Podemos tamén poñer un Subtítulo que dea ao lector/a información complementaria.
  • Introdución. Neste primeiro parágrafo presentamos o tema, explicamos de xeito sinxelo e preciso o tema que imos desenvolver.
  • Desenvolvemento. A parte principal, xa que nela explicamos de xeito claro e ordenado as ideas, conceptos e ideas máis importantes . É o corpo do texto, no que ademais proporcionamos datos, poñemos exemplos, facemos comparacións, nos facemos preguntas, ofrecemos respostas ás mesmas, buscamos as causas dos acontecementos e expoñemos os seus efectos ou consecuencias … Podemos acompañar con imaxes, gráficos, mapas … que ilustren o tema.
  • Conclusión. Nesta parte final, podemos facer un resume das ideas principais. É o momento de facer unha proxección de futuro, é decir, ir maís alá do momento histórico que estamos a expoñer e ver que pasará no futuro. Tamén podemos facer unha avaliación do exposto, incluso con algunha reflexión ao respecto; este sería o único momento no que poderiamos expresar a nosa opinión persoal.
%d bloggers like this: