O mapa conceptual

Para descargar e imprimir:

Que criterios seguimos para elaborar un bo mapa conceptual?

  • Título: Sintetiza con claridade o contido do mapa conceptual.
  • Temas e subtemas: aparecen claramente enfocados e convértense no centro de atención principal do mapa.
  • Palabras e ideas clave: Aparecen todas elas, diferenciando na xerarquía as principais das secundarias.
  • Texto: faise un esforzo de síntese, facilitando a lectura rápida e comprensiva.
  • Organización:
    • Hai unha estrutura clara e xerarquizada (de máis a menos importante, de máis xeral a máis concreto), enchendo o espazo de xeito proporcional e proporcionado.
    • Como axuda, márcanse perfectamente os diferentes niveis con conectores (liñas, frechas), cores, recadros e formas diversas.
    • Sempre se segue unha orde fixa e clara no mapa conceptual: en vertical, en horizontal, seguindo as agullas do reloxo …
  • Formato e estética: Creativo, sendo atractivo visualmente e facilitando a consulta dos conceptos.
  • Imaxes: claras, representivas e ilustrativas do contido co que se relacionan. A súa presenza non desvía a atención do contido principal nen desorganiza dificultando a visualización nítida da estrutura interna do mapa conceptual.

Pasos a dar na elaboración dun mapa conceptual

Para elaborar un esquema ou mapa conceptual , debemos ter moi claros os pasos a dar, ser ordenados e seguilos un a un.

  • Facer unha lectura atenta do contido que imos traballar.
  • Dividir en partes ben definidas o contido, apartados ou temas (e subapartados ou subtemas) que veñen dados pola xerarquía ou importancia que teñen: dan estrutura (orde) e son esenciais para entender o contido.
  • Dentro de cada apartado anterior, resaltar, aillar ou anotar as palabras, conceptos ou ideas clave.
  •  Damos forma ao esquema ou mapa conceptual, establecendo unha xerarquía clara por niveis: apartados (temas) – subapartados (subtemas) – palabras, conceptos ou ideas clave:
    • 1º nivel: Partimos do título, que debe responder ao tema principal sobre que nos fala o contido.
    • 2º nivel: Ainda que non é necesario, podemos poñer un subtítulo que complemente, explique ou amplíe a información do título.
    • 3º nivel: Do título parte tantas liñas (ou frechas) de conexión coma número de apartados principais nos que dividimos o contido.
    • 4º nivel: Subapartados nos que dividimos as partes principais do contido.
    • 5º nivel e seguintes: ordenamos e organizamos as palabras,  conceptos e ideas claves.

Consello prácticos.

  • Enmarcamos, cando menos,  o título, subtítulo e apartados principais en formas xeométricas (rectángulo, círculo …)
  • Damos unha cor distinta a cada nivel de información.
  • En cada liña de conexión (ainda que non é conveniente en todas) poñemos proposicións ou conectores: leva a , divido en, para ….
  • Pensamos e escollemos a forma máis adecuada que lle imos dar ao mapa conceptual ou esquema: horizontal vertical, de arriba abaixo, concéntrico ou radial….
  • A simplicidade é moi importante: poñer demasiados niveis de información, excesivo texto … dificulta a lectura do mapa conceptual. Debemos buscar un equilibrio.
  • É conveniente o uso de imaxes ilustrativas, que teñan relación coa ideas ou ideas principais, sempre buscando o equilibrio do que falamos. Non poñas un montón de imaxes que “enlixan” o mapa conceptual.
  • Se queres facer o mapa conceptual dixital, tes varios programas e aplicacións online: Cmap, Canva, GoConqr, Text2Mindmap

EXPOSICIÓN ORAL DOS MAPAS CONCEPTUAIS

Facemos unha exposición oral do contido dos mapas conceptuais. Seguindo a estrutura do mesmo, expoñemos o contido do tema de forma oral. Deste xeito, podemos “ensaiar” o que vai ser despois a redacción do texto expositivo, ver como tratan o tema outros grupos de traballo, debater sobre o contido, sobre como facer o texto, sobre algún contido que non teñades claro …. Como axuda, podes usar as actividades de pizarra dixital (relacións feudais, sociedade feudal e o señorío) que che propoñemos.

Algún consello para facer unha boa exposición oral?

  • Fala alto, claro e despacio. Vocaliza, con frases curtas e sinxelas, non queiras decir todo á vez.
  • Utiliza un vocabulario adecuado, explicando aquelas palabras que poidan ser difíciles de entender.
  • Segue o guión establecido no mapa conceptual. Terás unha guía clara e o teu discurso será máis claro e ordenado.
  • Mantén o contacto visual: Mira a todos o público, non só a unha persoa ou a un pequeño grupo.
  • Acompaña o discuros con xestos … pero sen esaxerar.
  • Se utilizas materiais de apoio (unha presentación, unha imaxe …) o púbico estrá máis centrado e a ti resultarache máis doado…. pero sen que estes materiais sexan só de apoio, que non substitúasn á mesma presentación oral.
  • Ah!…. e fai ensaios previos memorizando certas frases clave! A preparación é fundamental.
A %d blogueros les gusta esto: