En que mundo vivimos…?

Para descargar e imprimir:

En que mundo vivimos? – 1ª parte: O MUNDO TAL E COMA EU (Nós) O VEXO (vemos)

1.- Debate previo (10 minutos en grupo e 10 minutos en grupo clase):

Que sei? Se tiveses que dividir o mundo en áreas ou zonas…
… Que criterios usarías?  
… Que zonas distinguirías?      
… Cal é a problemática que destacarías?  

2.- Coas conclusións da actividade anterior, elabora un mapa conceptual  (citerios, zonas, problemática) que che servirá de axuda para a seguinte tarefa.

3.- Mapamundi.

a) Divide o mundo actual en zonas atendendo aos  criterios que previamente consensuamos na clase durante a tarefa anterior.

b) Redactade un breve texto (8 – 10 liñas mínimo) no que tentedes explicar a vosa visión do mundo na actualidade.

En que mundo vivimos? – 2ª parte: O mundo actual.

Resultado de imaxes para refugiados geurra civil española en francia

MAPA CONCEPTUAL

Traballamos en equipo. Presentamos o resultado de xeito individual: Elaboramos un mapa conceptual no que esquematicemos as características principais do mundo  no s XXI:

  • A nova orde internacional
    • Os anos 90: a fin da Guerra Fría.
      • Unha nova orde internacional.
        • EEUU
        • Europa do Leste
        • A Unión Europea
        • Mundo árabe e fundamentalismo islámico.
    • A globalización
      • Concepto
      • Características
      • Desafíos e problemas.

No deseño do mapa conceptual podedes (debedes)  tomar (tomaredes) algunhas decisións determinantes á hora da súa elaboración. Poño 1 exemplo: Partir dun acontecemento relevante e tomalo coma punto de partida. P.ex: A caída do Muro de Berlín, o atentado das Torres xemelgas en NY …

É importante que teñades presente que o traballo pode – e debe- estar deseñado por todo o equipo, pero cada alumna/o debe elaborar o seu propio a partir do deseño conxunto.

Presentaremos os  resultados ao resto de compañeiros/as, explicando non só o contido senón tamén o proceso de elaboración.

  • Anexos de información: información complementaria ao mapa conceptual e ao mapamundi, que consideredes ou demasiado extensa para poñer neles ou simplemente que vos servirá de axuda na elaboración da proba obxectiva (texto expositivo)
  • Mapa: Sobre o mapa político actual de Europa, colorear os países según a disposición política dos anos 80.
  • Traballos a entregar (individual): mapa conceptual  e mapamundi, xunto cos anexos de información.
  • Proba obxectiva: Redactar un texto expositivo sobre o mundo no s XXI, usando como material de apoio o mapa conceptual e o mapamundi, xunto cos anexos de información complementarios a estes.

En que mundo vivimos? – 3ª parte: As raíces. A guerra fría.

Resultado de imagen de guerra fria
  • MAPA CONCEPTUAL.

Traballamos en equipo. Presentamos o resultado de xeito individual: Elaboramos un mapa conceptual no que esquematicemos as características principais do mundo durante o periodo da Geurra Fría:

  • A Guerra fría: Concepto e características.
  • Os bloques enfrontados.
  • Crises e conflitos máis significativos.
  • O nacemento da Europa unida.

Presentaremos os  resultados ao resto de compañeiros/as, explicando non só o contido senón tamén o proceso de elaboración.

  • MAPA. Con todos os datos anteriores, idea un mapamundi que sirva de resumo a todo o feito anteriormente: zonas, acontecementos, datas, personaxes.
  • Anexos de información: información complementaria ao mapa conceptual e ao mapamundi, que consideredes ou demasiado extensa para poñer neles ou simplemente que vos servirá de axuda na elaboración da proba obxectiva (texto expositivo)
  • Traballos a entregar (individual): mapa conceptual  e mapamundi, xunto cos anexos de información.
  • Proba obxectiva: Redactar un texto expositivo sobre o mundo durante o periodo da Guerra Fría, usando como material de apoio o mapa conceptual e o mapamundi, xunto cos anexos de información complementarios a estes.
A %d blogueros les gusta esto: