Do Imperialismo á Descolonización e o Subdesenvolvemento
Vídeo I want ot be a pilot

Documentos:
África: Colonialismo, Descolonización e Subdesenvolvemento
África é o segundo continente máis extenso e máis poboado. África ten enormes reservas de recursos naturais, E a pesar disto, segue a ser o continente máis pobre.
Por que? Como podemos facer comprensible unha situación que parece inexplicable? Imos tentar facelo posible a tarvés da análise dos cambios no mapa do continente africano.
Observa con atención e analiza os mapas de África 1885 – 1914
- Cal é a diferencia que se observa entre o mapa
de África de 1885 e 1914?
- Como se chama ao proceso que cambia o mapa africano e asiático desde o último tercio do s XIX? Explíca brevemente o concepto.
- Cales son os maiores imperios coloniais en 1914 e que territorios abarca cada un?
- Cal foi a conferencia internacional que cambiou o rumbo de África? Que ocorreu nela e cal foi a súa importancia?
- Cal é a orixe, as causas da formación destes imperios coloniais?
- Cales foron as súas consecuencias e efectos?
Estrutura, organiza as respostas nun esquema ou mapa conceptual.
Fíxate no mapa de África do proceso de descolonización e o de 2019
- Cal é a diferencia fundamental entre o mapa da descolonización e o de 1914? Que nome recibe este proceso.
- Cales foron as causas, os espazos e a cronoloxía deste proceso?
- E as súas consecuencias? Para a resposta, busca información sobre o Terceiro Mundo, fíxate no mapa de IDH 2013 e a súa relación co Terceiro Mundo , le atentamente os textos “Fame en África” e “África, o espolio dos recursos naturais”, ademáis dos datos que che ofrecemos a continuación:
Taxa de natalidade | % poboación <15 anos | Renda per cápita | Taxa de fecundidade | Esperanza de vida | Taxa de mortalidade infantil | ||
Metrópole | Francia | 12 ‰ | 18 % | 40470 $ | 1,9 | 79 / 85 | 3,5 ‰ |
Colonia | Senegal | 38 ‰ | 44 % | 2390 $ | 5 | 65 / 68 | ‰ |
A partir das resostas ás 3 actividades anteriores, elabora un mapa conceptual
Texto sobre o Imperialismo, descolonización e a África actual
Redacta un texto sobre o proceso de colonización e descolonización, así como as súas consecuencias . A estrutura textual podería ser a seguinte:
- Título
- Subtítulo
- O mapa de África desde ao s XIX ata a
actualidade:
- Cambios.
- Causas destes cambios.
- Colonización. Concepto,causas, características e desenvolvemento
- Descolonización. Concepto,causas, características e desenvolvemento
- Consecuencias. África na actualidade.
- Causas destes cambios.
- Cambios.
- Conclusión.