Rúbrica de avaliación

Para descargar e/ou imprimir:

Rúbrica de avaliación Liña do Tempo

Aspecto á avaliar 4 Excelente!! 3 Moi ben!! 2 Suficiente pero mellorable 1 Insuficiente
As etapas /fases As etapas/fases do contido que se plasman na liña son correctas e preséntanse de xeito moi claro. As etapas/fases do contido que se plasman na liña son correctas e preséntanse con sufciente claridade. As etapas/fases do contido que se plasman na liña son correctas, ainda que falta claridade na súa exposición. Cométense erros na exposición das etapas/fases, ou non se plasman na liña.
Datas de inicio/final Establécense perfectamente as datas de inicio e final, tanto da liña en xeral como das etapas Engádese unha explicación do por que, de considerarse necesario. Establécense moi ben as datas de inicio e final, tanto da liña en xeral como das etapas, cunha pequena explicación. Establécense as datas de inicio e final, tanto da liña en xeral como das etapas. Estabécense as datas de inicio e final de liña e etapas cometendo erros evidentes.
Os fitos Determínanse os fitos principais e secundarios (personaxes, acontecementos …) Determínanse os fitos principais (personaxes, acontecementos…) Determínanse a mairía dos fitos principais (personaxes, acontecementos…) Faltan claramente fitos importantes na liña do tempo, sexan personaxes ou acontecementos.
A escala Aplícouse unha escala proporcional na liña en xeral, nas etapas e nas distancias entre datas. Evítase que a liña sexa excesivamente longa ou curta. Aplícouse unha escala proporcional, evitando que a liña sexa excesivamente longa ou curta. Aplícouse unha escala proporcional, cometendo pequenos erros: distancias entre algunhas datas, lonxitude da liña un chisco grande ou pequena … Cométense claramente erros na aplicación da escala á liña en xeral, ou nas etapas e distancias entre datas.
A elaboración Colócanse perfectamente os fitos, textos, imaxes , tipos de números, cores, orientación, “zoom”, cun deseño claro e atractivo. Colócanse bastante ben os fitos, textos, imaxes , tipos de números, cores, orientación, “zoom” … Colócanse bastante ben os fitos, textos, imaxes , tipos de números, cores, orientación, “zoom” … con algúns erros de deseño. Elaboración e presentación caótica dos diferentes elementos da liña. Falta de preparación e presentación final.
As imaxes Imaxes moi apropiadas, ilustrativas e complementarias ao contido, sen marxe para a interpretación errónea do contido. Imaxes  ilustrativas e complementarias ao contido, dando pé a unha boa interpretación do contido Imaxes  ilustrativas e complementarias ao contido, pero non favorecen completamente a interpretación do contido. As imaxes teñen pouca ou ningunha relación co contido que se pretende ilustrar.
O texto   Texto, de ser necesario, suficiente para a comprensión do contido, con sentido pero de lectura rápida e eficaz. Texto, de ser necesario, suficiente para a comprensión do contido, con sentido. Texto, de seer necesario, insuficiente para a total comprensión do contido. Texto, de ser necesario, claramente insuficiente para a comprensión do contido.
A %d blogueros les gusta esto: