Actividades Xeografía 2º ESO

Nesta partedo traballo para esta cuarentena, imos a facer actividades interactivas sobre Xeografía de España e Galicia: relevo, ríos, clima, poboación …

ACTIVIDADES

A poboación Prazo 12 xuño

Analizamos climogramas Prazo ata 29 de maio

O clima da Península Ibérica Prazo ata 29 de maio

Os ríos de España e Galicia Prazo: ata 14 de maio

O relevo de Galicia Prazo: ata venres 30 de abril

O relevo da Península Ibérica Prazo: ata venres 24 abril

Atentas e atentos ás instrucións, teredes que entrar nas actividades co usuario e contrasinal que vos enviei a cada un de vós.

Polo tanto, NON TEREDES QUE ENVIAR NADA, XA QUEDA REXISTRADA TODA A VOSA ACTIVIDADE (DÍA E HORA NA QUE ENTRACHES, ACTIVIDADES FEITAS, PUNTUACIÓN…)

Vai ser moi doado:

1º Preme nos enlaces ás actividades interativas (máis abaixo)

2º Identifícate co nome de usuario e contrasinal que recibirás por email. Cada alumna e alumno ten un, único e intransferible.

3º Unha vez dentro, poderás ir facendo as actividades. Unha, dúas, tres, todas…como ti queiras. Se, por exemplo, só fas 3, a próxima vez non terás que repetilas: continúas coas seguintes.

Poderás comprobar como vas premendo na esquina superior dereita (símbolo en v, como na imaxe ), é a autoavaliación: actividades feitas, puntos …

Cada vez que entres todo quedará rexistrado e eu poderei comprobar todo o que fixeches: Día, hora, actividades feitas, se están realizadas correctamente ou non , a puntuación … Non terás que enviar nada!!

4º O teu traballo remata cando fagas correctamente todas as actividades de Galicia, España e Europa (acéptanse algúns erros, non pretendemos ser perfectos) 🙂 … O obxectivo é facer cada actividade correctamente sen erros (xa vos dixen que cada vez que entredes queda rexistrado… e eu terei en conta as actividades feitas sen erro, as demais non importarán) En realidade é coma un reto!!

Premio: A quen consiga isto (facer todas as actividades sen erros) enviareille unha palabra clave. Como van ser varios paquetes de actividades, enviarei unh apalabra clave por cada unha. Quen reúna todas as palabras clave, terá premio asegurado!!

Posted on 16 de Abril de 2020, in Sen clasificar. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: