Xeografía 3º ESO
1ª parte. Globalizacion.
- Continuamos e rematamos a recollida de información (seguindo a tábos de contidos), no libro de texto e nestes documentos:
- Elaboramos un mapa conceptual que siga o seguinte esquema:
- Redactamos un texto sobre a globalización tendo como guía o esquema marcado polo mapa conceptual e como base de información a táboa de contidos sobre a que traballamos.
Enviamos o Mapa conceptual (foto) e o Texto en pdf a xfmaneiro@gmail.com
No asunto do email poñemos: 3º ESo A ou B , Globalización, Nome completo da alumna ou alumno
2ª parte. Desigualdade.
- Lemos atentamente o seguinte documento sobre a desigualdade:
- Analizamos o contido do documento e elaboramos un pequeño esquema / mapa conceptual coas ideas, conceptos e palabras clave, datos … que consideres máis importantes
- Elaboramos un texto sobre a desigualdade, dividido en 2 partes:
- 1ª parte: Falamos sobre a desigualdade (concepto, a xustiza social, como podemos medir a desigualdade, causas ….
- 2º parte: Neste segundo apartado deberás facer alomenos 3 propostas de solución individual (que podemos facercada un de nós para acabar coa desigualdade?) e outras 3 propostas de solución a nivel institucional (que poden facer os gobernos, as institucións internacionais etc. para rematar coa desigualdade?) En cada unha desas 6 solucións debes decir cal é a solución, explicala, e logo analizar as posibes consecuencias na túa vida ou os efectos na política e economía mundial. Podes buscar en internet información ao respecto, non se trata de que todas esas 6 solucións saian da túa cabeza …. ou si 😉
Este texto sobre a desigualdade debe ir acompañado dun mínimo de 3 cartaces, a modo de publicidade ou márketing nos que expoñas: Problema – Solución – Imaxe/s Podes usar un programa de presentacións para facelo ou tamén online nunha aplicación como Canva
Aquí tes un exemplo:
Enviamos o Mapa conceptual (foto) e o Texto en pdf a xfmaneiro@gmail.com
No asunto do email poñemos: 3º ESo A ou B , Desigualdade, Nome completo da alumna ou alumno
Posted on 13 de Marzo de 2020, in Sen clasificar. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0