Daily Archives: 13 de Marzo de 2020

Xeografía 3º ESO

1ª parte. Globalizacion.

  • Continuamos e rematamos a recollida de información (seguindo a tábos de contidos), no libro de texto e nestes documentos:
  • Elaboramos un mapa conceptual que siga o seguinte esquema:
  • Redactamos un texto sobre a globalización tendo como guía o esquema marcado polo mapa conceptual e como base de información a táboa de contidos sobre a que traballamos.

Enviamos o Mapa conceptual (foto) e o Texto en pdf a xfmaneiro@gmail.com

No asunto do email poñemos: 3º ESo A ou B , Globalización, Nome completo da alumna ou alumno

2ª parte. Desigualdade.

  • Lemos atentamente o seguinte documento sobre a desigualdade:
  • Analizamos o contido do documento e elaboramos un pequeño esquema / mapa conceptual coas ideas, conceptos e palabras clave, datos … que consideres máis importantes
  • Elaboramos un texto sobre a desigualdade, dividido en 2 partes:
    • 1ª parte: Falamos sobre a desigualdade (concepto, a xustiza social, como podemos medir a desigualdade, causas ….
    • 2º parte: Neste segundo apartado deberás facer alomenos 3 propostas de solución individual (que podemos facercada un de nós para acabar coa desigualdade?) e outras 3 propostas de solución a nivel institucional (que poden facer os gobernos, as institucións internacionais etc. para rematar coa desigualdade?) En cada unha desas 6 solucións debes decir cal é a solución, explicala, e logo analizar as posibes consecuencias na túa vida ou os efectos na política e economía mundial. Podes buscar en internet información ao respecto, non se trata de que todas esas 6 solucións saian da túa cabeza …. ou si 😉

Este texto sobre a desigualdade debe ir acompañado dun mínimo de 3 cartaces, a modo de publicidade ou márketing  nos que expoñas:  Problema – Solución – Imaxe/s Podes usar un programa de presentacións para facelo ou tamén online nunha aplicación como Canva

Aquí tes un exemplo:

Enviamos o Mapa conceptual (foto) e o Texto en pdf a xfmaneiro@gmail.com

No asunto do email poñemos: 3º ESo A ou B , Desigualdade, Nome completo da alumna ou alumno