Monthly Archives: Marzo 2020

Xeografía 3º ESO: 2ª parte

Nesta segunda parte do traballo para esta *$%&Ç (adxectivo indescifrable) cuarentena, imos a facer unhas actividades interactivas sobre a organización política de Galicia, España e Europa, é decir, basicamente provincias, comunidades autónomas, cidades, países, capitais …

Prazo de remate das actividades: venres 17 de abril

Vai ser moi doado:

1º Preme nos enlaces ás actividades interativas (máis abaixo)

2º Identifícate co nome de usuario e contrasinal que recibirás por email. Cada alumna e alumno ten un, único e intransferible.

3º Unha vez dentro, poderás ir facendo as actividades. Unha, dúas, tres, todas…como ti queiras. Se, por exemplo, só fas 3, a próxima vez non terás que repetilas: continúas coas seguintes.

Poderás comprobar como vas premendo na esquina superior dereita (símbolo en v, como na imaxe ), é a autoavaliación: actividades feitas, puntos …

Cada vez que entres todo quedará rexistrado e eu poderei comprobar todo o que fixeches: Día, hora, actividades feitas, se están realizadas correctamente ou non , a puntuación … Non terás que enviar nada!!

4º O teu traballo remata cando fagas correctamente todas as actividades de Galicia, España e Europa (acéptanse algúns erros, non pretendemos ser perfectos) 🙂

ACTIVIDADES

Preme nos seguintes enlaces:

Actividades Galicia

Actividades España

Actividades Europa