COMO PRESENTAR UN TRABALLO OU INFORME
COMO PRESENTAR UN TRABALLO OU INFORME
PARTES DO TRABALLO / INFORME
- PORTADA: 1ª páxina
- TÍTULO
- Subtítulo (opcional), no que concretemos o tema que se presenta no título.
- Aut@r / Autor@s
- Curso, grupo e ano académico
- Imaxe ilustrativa (opcional)
- ÍNDICE.
Índice de todos os apartados (e subapartados se fose o caso) paxinado (indicando a páxina na que comeza cada capítulo)
- INTRODUCIÓN.
Neste apartado podes presentar o tema, facendo un resume do mesmo e expoñendo os obxectivos do informe ou traballo.
- Este capítulo pode levar un ou varios parágrafos, dependendo da extensión do informe ou traballo.
- CORPO DO INFORME OU TRABALLO.
- Nesta parte desenvólvese o tema dividido en varias partes ou capítulos.
- Cada unha destes apartados debe ter un título que resuma ou faga referencia á idea principal.
- É recomendable acompañar o texto cos imaxes ilustrativas, datos ou gráficas, pequenos cadros de contido e/ou imaxes que complementen a información vertida no traballo ou informe.
- CONCLUSIÓN
- Para finalizar o informe podes escribir un parágrafo no que …
- … resumas o contido do informe / traballo
- … ou expoñas a problemática que se plantexa no tema
- … ou solución á mesma
- … ou unha proxección de futuro sobre o tema.
- … ou todo ao mesmo tempo.
- APÉNDICES:
- Bibliografía utilizada (libros, revistas, páxinas web, vídeos …).
- Os datos básicos que deben aparecer na bibliografía son: autor/a; título; editorial (e nome da revista se a información está extraida dunha delas); lugar; ano de publicación.
- A bibliogarfía preséntase por orde alfabética do apelido dos autores/as. De aparecer varias obras do mesmo autor/a, estas ordearanse por data de publicación das mesmas, da máis antiga á máis recente. Exemplo:
- Cunqueiro, Álvaro: Merlín e familia, Edit. Galaxia, Vigo, 1988
- Somoza, Pedro: A fotografía como expresión; Revista Fotos e máis nº 25, Edit. Perbes, A Coruña, 2006
- Se a información foi recopilada duna páxina web os datos que debemos referenciar son: Nome do autor/a; Título da páxina, artigo do blogue, etc.; lugar e nome da páxina web; dirección URL. Exemplo:
- AA.(Varios autores/as): Glosario de meteoroloxía, Santiago de C., meteogalicia.gal;dirección URL, http://www.meteogalicia.gal/web/informacion/glosario/glosarioIndex.action
- · Fontes das imaxes utilizadas: Autor, Título ou nome da imaxe, páxina web, e licenza de uso. Exemplo:
[ NASA: Apollo 11 Saturn V lifting off on July 16, 1969.jpg, http://www.apolloarchive.com, Licenza de dominio público.
- Anexos: cadros de datos, documentos complementarios, gráficas … que qeuiramos presentar como complementos ou información adicional ao traballo. Os anexos deben numerarse (1,2,3…/ I, II, III, IV…) para poder facer refrencia a eles no informe/traballo.
RECOMENDACIÓNS XERAIS DE PRESENTACIÓN.
- Utilizar tamaño DIN-A4 con fondo branco.
- Tipo de letra:
- Utilizar sempre o mesmo tipo de letra en todo o informe/traballo, sendo recomendable unha letra clara e lexible (tipo Times New Roman, Arial, Verdana…) a tamaño 12, coas marxes xustificadas.
- Podemos destacar os títulos dos diferentes apartados cun tamaño de letra (14 grosa) e separación de liñas un pouco máis grande.
- Tipo de arquivo: Independientemente do procesador de textos que se utilice na elaboración do traballo/informe, é recomendable presentar o informe ou traballo no formato pdf xa que non se perderá o formato de entrega nen tampouco de pode editar o contido, con que evitaremos perda ou cambios na información. De presentar o traballo impreso, debe ser só a unha cara.
- Marxes mínimos: 2,5 cms para superior e inferior, 3 cms para dereita e esquerda.
- Numerar as páxinas, excepto a portada e índice, na parte superior ou inferior dereita.
- Poñer o título do informe/traballo no pé de páxina.
- Organiza o texto en parágrafos, utilizando sangría ao comenzo de cada un deles (5 espazos cara á dereita)
- Sempre facer ao final unha corrección ortográfica do texto!!
Baixar este artigo en pdf: COMO PRESENTAR UN TRABALLO OU INFORME
Posted on 16 de Decembro de 2018, in Sen clasificar. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0