Daily Archives: 28 de Maio de 2013

3. O PARLAMENTARISMO

O pensador inglés John Locke (1632 – 1704 ) presentou a idea de que ninguén podía exercer o goberno  sen un libre pacto entre o monarca e o pobo, xa que de ser así o que goberna sería un tirano e contra el, o pobo pode rebelarse: a monarquía absoluta non pode ser unha forma de goberno.

Así, frente ao absolutismo reinante na maioría de  Europa, en Inglaterra o Parlamento conseguiu limitar o poder do monarca:

  • Execución do rei Carlos I en 1649 despois dunha revolución en 1640 e unha posterior guerra civil, causadas polo intento do monarca de limitar o poder do parlamento.

  • Revolución de 1688 contra os intentos de Xacobe II de voltar a un goberno absolutista. Instáurase en Inglaterra o sitema político do parlamentarismo: un Parlamento bicameral controla o poder do monarca: a Cámara dos Lores ( representación da nobreza ) e Cámara dos Comúns ( representación da burguesía, elexidois os representantes por sufraxio). Este Parlamento aprobou a Declaración de Dereitos ( Bill or Rights) en 1689 co que definitivamente limitaba o poder do monarca.

Execución de Carlos I / Fonte: wikipedia

Execución de Carlos I / Fonte: wikipedia

“A nación inglesa é a única sobre a terra que acadou regular o poder dos reis enfrentándose a eles e que, con constantes esforzos, puideron finalmente establecer un sabio goberno no que o príncipe, todopoderoso para facer o ben, está limitado para facer o mal; (…) no que o pobo comparte o goberno sen desorde. A Cámara dos Pares (dos Lores) e  a dos Comúns  son os árbitros da nación, e o rei é o árbitro supremo.”

Voltaire. Cartas filosóficas. 1734.