2. O ABSOLUTISMO

Luis XIV, o Rei Sol / Fonte: wikipedia

Luis XIV, o Rei Sol / Fonte: wikipedia

Durante a Idade Media, o rei compartía o poder cos nobres no chamado sistema feudal. Durante o S XV e sobre todo o S XVI, os reis van conformando as monarquías autoritarias ( Reis Católicos, Enrique VIII …) recuperando pouco a pouco o poder perdido.

No S XVII culmínase esa tarefa co sistema político do absolutismo. Os monarcas absolutos teñen centralizado todo o poder na súa persoa. O monarca absoluto por excelencia, o “Rei Sol”, Luis XIV de Francia ( rei con 5 anos!!  desde 1643 ata 1715: 72 anos de reinado!! ) decía: «L’État, c’est moi» ( O Estado son eu ). Con isto quérese decir que o poder do rei é ilimitado: fai as leis, administra xustiza, ten un exército permanente aos seu servizo, ten unha rede de funcionarios ( administración ou burocracia ) que aplican as leis, cobran os impostos e controlan o territorio.

O poder soberano só reside na miña persoa; é só por min polo que os meus tribunais existen e teñen autoridade, e como eles exercen no meu nome, o seu uso non se pode volver contra min; o poder lexislativo só é  meu, sen nengunha dependencia nin ningunha partición “

Luis XIV, o Rei Sol(Discurso de Luis XIV pronunciado ante o Parlamento de París – 1661 )

Esta forma de goberno xustificábase desde o punto de vista relixioso alegando que eran “monarquías de dereito Divino”: o poder era transmitido por Deus directamente ao rei. Polo tanto o monarca non tiña que rendir contas ante ninguén senón ante o mesmo Deus.

O trono real non é un trono dun home, senón o trono de Deus mesmo (…) A persoa do rei é sagrada, e cometer atentados contra el é sacrilexio (…) Convén polo tanto respectar ós reis como cousas sagradas, e quen non queira respectalos nen protexelos é digno de morte.

BOSSUET,J.B.: Política deducida das propias palabras da Sagrada Escritura, 1.709

Para levar á práctica o absolutismo é imprescindible obter os ingresos necesarios para  financiar a administración e a burocracia, o exército e os gastos da Corte, é decir, é necesario dirixir e planificar a economía. Así o fixo Jean-Baptiste Colbert, ministro francés de Luis XIV: puxo en práctica o MERCANTILISMO ou colbertismo.

A idea principal do mercantilismo é a seguinte:a riqueza dun país consiste na cantidade de metais preciosos e moeda que posúe. Para isto, o estado intervén na economía para que a balanza comercial con outros países sexa positiva, é decir: exportar ( vender no estranxeiro ) máis que importar ( mercar a outros países ),ingresando máis metais preciosos e moeda dos que se gasta. Deste xeito, o mercantilismo favorece o desenvolvemento da industria e do comercio ( sobre todo coas colonias de América ). ¿Quen sae beneficiado? A burguesía, que vai acumulando máis e máis riqueza.

Mercantilismo 2

Os países nos que este tamén chamado capitalismo comercial se desenvolve en maior medida son , xunto a Francia, Inglaterra e Holanda, que se fan donos das rutas comerciais antes ( no S XVI ) en poder de España e Portugal. Conformouse un triángulo comercial entre Europa – África e América, como se pode ver no seguinte esquema:

triangulo do comercio colonial

Advertisements

Posted on 28 de Maio de 2013, in 2º ESO, HISTORIA and tagged , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: