1. A CRISE DA EUROPA DO S XVII
Despois da grave crise vivida en Europa no S XIV ( fame, guerras, peste ), houbo un periodo de forte recuperación no S XV, disfrutando dunha grande prosperidade no S XVI grazas aos descubrementos xeográficos, ao aumento da actividade comercial e da poboación. Pero entrado o S XVII, a partir de 1600 Europa afúndeuse nunha profunda crise, caracterizada pola fame, as guerras e unha enfermidade que se cría superada, a peste, volve a atacar o continente. Observa o avance da peste a mediados do S XVII neste mapa:
-
FAME: Sucedéronse anos de malas colleitas: o estancamento tecnolóxico ( técnicas de cultivo moi rudimentarias ) fai que as agricultura estea moi condicionada pola natureza. Por exemplo, prodúcese un cambio no clima : desde o S XIV comeza a coñecida como “pequena idade de xeo”, cunha baixada xeral das temperaturas que durará ata o S XIX e que afecta negativamente ás colleitas e á produción agraria en xeral. Ademáis, pensa que co aumento de poboación que houbo en Europa desde o S XV aumentaba a demanda de produtos agrícolas, que eran consumidos rapidamente.
-
DESCENSO DEMOGRÁFICO: Detense o aumento demográfico, chegando a decaer en moitos lugares. A peste, xunto con enfermidades coma o tifus e o cólera, arrasa a poboación europea . Por riba, e debido á fame, non só aumenta a mortalidade senon que descende a natalidade e o número de matrimonios. Europa pasou duns 105 millóns de habitantes en 1600 a 115 en 1700. En principio, a poboación en xeral crece ( moi pouco, pero crece ), pero ese aumento é moi desigual: na Europa mediterránea e central, a poboación se estanca e incluso decrece. En cambio nos Países Baixos e Inglaterra, comezaron a mellorar as técnicas de cultivo ( substitución do barbeito ou selección de sementes, p.e.x) o que fixo que a poboación non se vira tan afectada e incluso aumentara o número de habitantes.
-
GUERRAS: Nas guerras como a Guerra dos 30 anos non só debemos contar coas mortes directas nas batallas, senón que tamén provocaban enormes danos nas colleitas e aumentaban os impostos que os non privilexiados ( campesiños e burgueses ) debían pagar. Analiza estes datos sobre a Guerra dos 30 anos e poderás darte conta da súa influencia na vida dos europeos daquela época:
-
Foron partícipes desta guerra, entre outros: Suecia, Holanda, Francia, Inglaterra, Dinamarca, Noruega, Escocia, Austria, Sacro Imperio Romano Xermánico, Monarquía Hispánica.
-
Preto de 1.000.000 de combatientes forman os exércitos participantes.
-
Arredor duns 4.000.000 de mortos , a maioría civís (soldados “só” uns 300.000 )
-
A Guerra dos 30 anos comenza sendo un conflito relixiosos entre católicos e protestantes, e remata sendo unha loita pola hexemonía en Europa. Así,a Paz de Westfalia ( 1648 ) pon fin definitivamente á hexemonía da Casa dos Austria ( ou Habsburgo ) e reafirma a posición da Francia de Luis XIV como potencia dominante en Europa.
Diario do cura de Rumégies ( Norte de Francia ) en 1693 ( Adaptación )
“A última das desgrazas é que a colleita seguinte se perdeu enteira, o que causou que o cereal tivera un prezo moi elevado. E como o pobre pobo esgotado polas demandas da Súa Maxestade ( entre outras,as contribucións de guerra ) chegou a tal pobreza que se pode chamar fame. Felices os que poden ter unha medida de centeo para mesturar con avea, garabanzos, fabas para facer pan …
Durante estes tempos non se oía falar máis que de ladróns, crimes e persoas mortas de fame. Un tal Pierre de Gauquier, viuvo con tres fillos, o pobre morreu de fame. Enon só morreu el pola falta de pan, senón que moitos outros, aquí e noutras aldeas, morreron tamén. Verdadeiramente estaban cansos de estar neste mundo. “
Posted on 28 de Maio de 2013, in 2º ESO, HISTORIA and tagged S XVII. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0