6. O DESCUBREMENTO DE AMÉRICA
No seu intento de circunvalar a Terra para chegar ás Indias Orientais ( Asia ), Cristóbal Colón partiu de Palo de Moguer ( Huelva ) ao mando dunha flota formada por dúas carabelas ( a Pinta e a Niña ) e unha nao ou carraca (a Santa María ) que o 12 de outubro de 1492 chegou ao que eles pensaban que era Cipango ( Xapón ) pero, en realidade, era a Illa Guanahaní . Tes que saber que Colón tivo un erro de cálculo : pensaba que a Terra tiña uns 30.000 km no Ecuador, cando na realidade ten 40.000.
A primeira nova do novo decubremento chegou coa nave de Martiño Alonso Pinzón a Baiona ( Pontevedra ) en marzo de 1493. Colón orrería sen saber que as terras ás que el chegara non eran Asia, senon un “novo” continente, que recibiría o nome de Américo ( en honor ao navegante e cartógrafo Americo Vespucio ).
A Conquista e Colonización de América.
Unha vez chegaron os españois aos novos territorios comenzou a súa conquista e colonización, proceso que se levou a cabo de xeito relativamente sinxelo e rápido grazas á superioridade militar española. Nun primeiro momento concentrouse nas chamadas Antillas ( Mar Caribe ) con contactos nas zonas de México e Florida, ata que chega a época dos grandes conquistadores (1519 – 40) , destacando sobre todos:
-
Hernán Cortés: imperio Azteca ( México )
-
Francisco Pizarro: imperio Inca
Nos seguintes anos, rematouse a conquista co que hoxe en día é Hispanoamérica ( excepto Brasil que será portugués ) e zonas da actual EE.UU.
As consecuencias da conquista son moitas, variadas e non sempre positivas. Podemos destacar:
-
Europeización do mundo: os europeos levan a súa civilización ( idioma, cultura, costumes, relixión … ) a amplos territorios antes descoñecidos. Isto conleva a desaparición das culturas tradicionais dos pobos indíxenas, así como a disminución da súa poboación debido ás guerras e a novas enfermidades que os europeos levaron ás novas terras ( a gripe, p.ex., diezmou a boa parte da poboación das illas caribeñas en poucos anos ).
-
Época de prosperidade económica para Europa : desenvolvemento comercial e artesanal debido aos intercambios entre Europa e América. De alí traían sobre todo metais preciosos ( ouro e prata ) e Europa exportaba produtos manufacturados ( artesanais ). Unha boa cantidade de produtos agrícolas americanos eran descoñecidos para nós: pataca, millo, cacao, tabaco, tomate, pemento e cacahuete, entre outros.
O comercio con América era un monopolio da Coroa de Castela a través da chamada Casa de, que só usaba o porto de Sevilla coma porta de entrada dos produtos americanos ( Pensa o porqué: a Coroa quedábase coa quinta parte de todo, incluidos os cargamentos de ouro e prata )
-
Mistura de razas: euopeos, indíxenas e negros traidos de África como man escrava
Imaxe da conquista e explotación dos indíxenas que o frai Bartolomé de las Casas describe en 1552 no seu libro “ Brevísima relación de la destrucción de las Indias “:
“La causa por que han muerto y destruído tantas y tales e tan infinito número de ánimas los cristianos ha sido solamente por tener por su fin último el oro y henchirse de riquezas en muy breves días ( … ) por ser aquellas tierras tan felices e tan ricas, e las gentes tan humildes, tan pacientes y tan fáciles a sujetarlas; a las cuales no han tenido más respecto ni dellas han hecho más cuenta ni estima(…)no digo que de bestias (porque pluguiera a Dios que como a bestias las hubieran tractado y estimado), pero como y menos que estiércol de las plazas.(…)”
Posted on 23 de Abril de 2013, in 2º ESO, HISTORIA and tagged América, Idade Moderna, S. XVI. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0