4. REFORMA E CONTRARREFORMA
O Humanismo propón un novo xeito de relixiosidade. Erasmo de Rotterdam, desde os seus estudios sobre a Biblia e co espíritu crítico do Humanismo, fai unha censura da igrexa católica, sobre todo da corrupción e os aspectos exteriores da relixiosidade medieval. Aspectos coma a simonía ( venda de cargos eclesiásticos ), nepotismo (favoritismo polos familiares para ocupar eses cargos ) ou o nicolaísmo ( matrimonio ou amancebamento dos cregos) foron moi criticados. Avoga por unha reforma da Igrexa católica, pero sen ruptura.
En 1517, Martiño Lutero, un monxe alemán, rechaza ( Protesta, de aí o nome de protestantes que se lle dá os seguidores de Lutero ) duramente a venta de indulxencias ( perdón dos pecados ), o luxo e riqueza que rodeaba ao clero, e o poder político do Papa. Propón unha reforma da Igrexa católica. Publica as 95 teses, entre as que resaltan:
A salvación pola fe, non polas obras
Relación directa con Deus: lectura individual da Biblia e relixiosidade interior.
Negación da autoridade papal.
Só hai 2 sacramentos: bautismo e eucaristía
Esta proposta de reforma ten 3 consecuencias:
-
A ruptura da Igrexa cristiá católica europea: Norte Protestante, Sur Católico. Á reforma luterana seguiulle a Calvinista ( de Jean Calvino ) e a Anglicana ( o rei Inglés negou obediencia ao Papa ao negarse este a concederlle o divorcio da súa muller Catalina de Aragón )
-
Guerras de relixión
-
Contrarreforma Católica: o Papa pon en marcha unha Contrarreforma convocando o Concilio de Trento, para evitar a extensión do protestantismo e reformar a igrexa católica. As conclusións máis importantes son:
• Reafirmar a autoridade do Papa
• Conséguese a salvación non só pola fe, senon tamén polas obras.
• A lectura e explicación da Biblia debe estar a cargo dos sacerdotes.
• Propón unha maior austeridade e formación do clero.
Feito salientable foi a fundación da Compañía de Xesús ( por San Ignacio de Loyola en 1540 ), cuxos compoñente facían xuramento de obediencia ao Papa e se adicaron a predicar a doutrina católica da Contrarreforma ( usando a educación: colexios dos xesuítas ).
Posted on 23 de Abril de 2013, in 2º ESO, HISTORIA and tagged Contrarreforma, Idade Moderna, Reforma, S. XVI. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0