ARQUITECTURA GÓTICA
O rexurdir das cidades e o ascenso dun novo grupo social cada vez máis poderoso – a burguesía – ten a súa manifestación nas catedrais e edificios civís ( sobre todo os pazos ), así como por temas profanos ( non relixiosos ). Por outra parte, se no Románico se tiña e transmitía a idea dun Deus xusticieiro e todopoderoso frente ao pecado, no Gótico vaise dar unha imaxe dun Deus máis humano e misericordioso. Así, vai ser unha arte máis naturalista e realista.
Na arquitectura gótica destaca por riba de todo a ansia de elevar os edificios, de verticalidade ( ansia de Deus, de tocar o ceo ) e o afán pola luz. Así os muros perden a función de soporte e son reemprazados por vidireiras.
A Saint Chapelle en 3D
-
Os edificios máis representativos son relixiosos( a catedral por riba de todo, símbolo da cidade ), pero tamén civís: pazos, casas do concello, lonxas, hospitais, universidades …
-
Elementos de soporte:
Muros de pedra lixeiros e reemprazados por vidrieiras. Dan aos edificios unha imaxe de lixeireza, ademáis de facer que nos interiores reine a luz.
Os piares e columnas adelgazan.
Os contrafortes sepáranse dos muros e sobre eles se apoian os arcobotantes .
-
Elementos soportados:
Arco apuntados ou oxivais.
Bóveda de crucería, formada polo cruce de varios arcos apuntados e que descansan sobra finascolumnas, que transmiten o peso das cubertas aos arcobotantes e contrafortes.
-
Planta de cruz latina coa nave central moi elevada e coa cabeceira moi desenvolvida ( deambulatorio ) polo que o transepto nos sobresae tanto coma no Románico. Pode chegar a ter ata 5 naves ou máis.
Posted on 8 de Marzo de 2013, in 2º ESO, HISTORIA and tagged arquitectura, arte, Gótico, Idade Media. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0