2. O ROMÁNICO ( S XI – XII )
A presenxa da igrexa cristiá na vida da Idade Media ten a súa parte máis visible na arte románica. O Románico ( S XI –XII )- chamado así porque recorda a arte romana – pretende achegar aos crentes a Deus. Esta influencia da relixión na arte déixase sentir na arquitectura, escultura e pintura.
A vida nestes séculos da Idade Media está centrada no campo, polo que vai ser unha arte eminentemente rural.
A arte románica consegue uniformidade de estilo por toda Europa. En todos os currunchos do continente podemos apreciar un estilo recoñecible. Isto débese a dous motivos principais:
-
As ordes monásticas: a reforma da Orde de San Benito ( dos monxes beneditinos, cluniacenses ou tamén chamados Monxes Negros pola cor dos seus hábitos ) ten lugar no S X no mosteiro ou abadía de Cluny. Desde alí, esténdese o modelo a máis dun milleiro de abadías por toda Europa. O seu lema era : Ora et labora.
-
A seguridade que impón o sistema feudal favorece as peregrinacións a dous lugares de culto cristián: Roma e Santiago de Compostela. Deste xeito tamén se internacionaliza o Románico
Posted on 7 de Marzo de 2013, in 2º ESO, HISTORIA and tagged arte, Idade Media, Románico. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0