1. IGREXA E CRISTIANDADE
Na Europa medieval estaban presentes tres relixións: cristiá, xudea e musulmá. Pero destas tres, a maioritaria e a que máis influencia tivo foi a cristiá. A igrexa estaba presente en todas as ordes da vida:
-
O alto clero formaba parte do grupo social privilexiado e comportábase coma un señor medieval máis.
-
Foi acumulando enormes riquezas ( terras, pazos, o dezmo – recibían a décima parte das colleitas -, rendas dos seus servos , donacións …)
-
Papa e alto clero interviñan na política dos reinos cristiáns. Exemplo claros son:A relixión cristián xustificaba a organización social e política. A Igrexa refírese ao mundo terrenal coma a “ Cidade de Deus “, na que o poder dos monarcas e privilexiados ven directamente de Deus, lle é otorgado a eles por Deus. Pólo tanto, non se pode discutir.
-
A Guerra das Investiduras ( 1073-1122) entre Papado e Imperio polo nombramento de cargos eclesiásticos ( bispos, abades … )
-
As Cruzadas: guerras dos exércitos critiáns contra o Islam para conquistar Terra Santa ( Xerusalén )
-
-
A Igrexa xogaba un importante papel na cultura medieval. Podemos afirmar que os monxes dos mosteiros eran os verdadeiros gardiáns da cultura. Nas súas bibliotecas, os monxes copistas copiaban textos relixiosos, científicos, filosóficos … Eran os Códices. Moi coñecido é o Codice Calixtino da Catedral de Santiago, que inclúe unha especie de guía de viaxe para o peregrino.
-
Por outra parte, os numerosos mosteiros europeos estenderon a arte medieval. Desde a Abadía de Cluny ( Francia ) partiu a difusión da arte románica; desde o mosteiro de Citeaux ( Francia ), os monxes cistercienses expandiron a arte gótica. Polo tanto, a arte da Idade Media ten unha moticavión profundamente relixiosa e cristiá.
Posted on 7 de Marzo de 2013, in 2º ESO, HISTORIA and tagged arte, cultura, Idade Media. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0