B. RECONQUISTA E REPOBOACIÓN
Estes reinos cristiáns van levar a cabo un dobre proceso que os enfronta aos musulmáns e que vai durar ata 1492:
-
A reconquista dos territorios invadidos polos musulmás, nun avance cara ao Sur.
Reino de Portugal. Consegue o seu territorio actual no ano 1249.
Coroa de Castela ( Galicia + León + Castela ): Ata o 1261, ocupa as terras do al do Douro e Teixo ( Meseta Norte: Castela León ), Meseta Sur ( Castela A Mancha ), Murcia e Andalucía ( exceptuando o reino Nazarí de Granada, conquistado no 1492 )
Coroa de Navarra: pechada entre Castela e Araón, apenas ten avances territoriais.
Coroa de Aragón ( Aragón + Cataluña ): Ata 1249, ocupa o Val do Ero, Valencia e as Illas Baleares
O ano 1212 foi crucial no proceso da reconquista. Os reinos cristiáns únen os seus exércitos e enfróntanse e derrotan aos almohades na Batalla das Navas de Tolosa ( 1212 ), conquistando así no S XIII todo Al Ándalus menos o reino de Granada.
-
A repoboación deses territorios paralelamanete á reconquista. As terras conquistadas pasaan a ser propiedade do rei, que as repatía en grandes latifundios entre os nobres ou mosteiros. Tamén acudían campesinos libres e e mozárabes ( cristiáns que vivían na zona musulmá),atraídos polos privilexios que concedía o rei nas cartas pobras. Fundáronse así durante os S XII e XIII vilas e cidades; foi una época de rexurdir urbano.
Posted on 1 de Febreiro de 2013, in 2º ESO, HISTORIA and tagged Idade Media, Reconquista, Repoboación. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0