A. ORIXE E FORMACIÓN DOS REINOS CRISTIÁNS
Despois da invasión musulmá da Península Ibérica, formáronse uns núcleos de resistencia no Norte:
– Reino de Asturias: un pequeño núcleo de cristiáns refuxiouse na Cordilleira Cantábrica, resistindo a invasión musulmá. No ano 722, o nobre Pelayo encabezou a vitoria na batalla de Covandonga. Os seus sucesores crearon o Reino der Asturias, con capital en Oviedo, e ampliaron o territorio a Galicia, León e Castela. Nacen así os seguintes reinos:
-
Reino de León: No S IX, os reis asturianos amplían o territorio cara o Sur . No 910 García I recibe á morte do seu pai as terras de León e Castela, nacendo de feito nese ano o Reino de León, aproveitando así que o val do Douro era unha zona despoboada e desprotexida por parte dos musulmás ( recibe o nome de “Deserto do Douro “ ).
-
Reino de Castela: O reino de León constrúe castelos na parte leste, unha liña defensiva contra os musulmás. Este territorio recibe o nome de Castela. O conde Fernán González, no S. X, independizouse de León. En 1035, Fernando I proclamouse rei de Castela.
-
Coroa de Castela (1230 ): Os reinos de León e Castela reunificáronse definitivamente formando a Coroa de Castela
-
Reino de Portugal: Nun principio era, xunto a Galicia, un condado dependente do Reino de León, pero no ano 1143 pasou a ser reino.
-
Reino de Galicia. Sendo moi pouca a presenza musulmá en terras galegas, estas pasan a estar na órbita do Reino de Asturias. De feito, Galicia estaba gobernado por un conde ( comes Gallaeciae ) que intentaba controlar a nobres e clero para integrar o territorio definitivamente no reino asturiano. O rei Afonso III morre no ano 910, e deixou en herdanza ao seu fillo Ordoño II o Reino de Galicia. Este reino foi independente en varias ocasións:
-
Ordoño II ( 910-914)
-
Sancho Ordóñez ( 926-929)
-
García ( 1065 – 71 )
-
Afonso Reimúndez ( 1111 – 1126 ), que será o rei de Castela e León ( Afonso VII )
– A Marca Hispánica: Carlomagno, o rei franco, creou unha liña defensiva contra a invasión musulmá. Formáronse unha serie de condados e marquesados nos Pireneos, que, ao facerse hereditarios, dan lugar aos tres núcleos de resistencia pirenaicos nos S IX-X:
1. Reino de Pamplona, que foi crecendo ata dar lugar ao Reino de Navarra ( ano 810 )
2. Reino de Aragón: os condados aragoneses da Marca Hispánica independizáronse do Reino Franco e logo uníronse formando o reino de Aragón (ano 1035 )
3. Condados Cataláns, arredor do máis importante: o Condado de Barcelona. Independentes do Reino Franco desde o ano 988.
– Coroa de Aragón ( 1137 ): Ano no que Petronila de Aragón e o Conde de Barcelona ( Ramón Berenguer IV ) contraen matrimonio. Unen así os seus territorios e forman a Coroa de Aragón. O reino expandiuse polo sur, reconquistado territorios aos musulmáns, pero tamén polo Mediterráneo ( Sicilia, Sardeña, Nápoles, ducados gregos de Atenas e Neopatria )
En resume, os reinos cristiáns da Península Ibérica nos S XII-XIII son ( de oeste a leste ):
-
Reino de Portugal
-
Coroa de Castela ( Galicia + León + Castela )
-
Reino de Navarra
-
Coroa de Aragón ( Aragón + Condados catalás )
Posted on 1 de Febreiro de 2013, in 2º ESO, HISTORIA and tagged Idade Media, Reinos Cristiáns. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0