3. A ERA COMPOSTELÁ: O CAMIÑO DE SANTIAGO.
No proceso da integración de Galicia no Reino Astur, ocorre un feito de moita importancia para a cristiandade e decisivo para Galicia: a “invención” do sartego do Apóstolo Santiago ( ano 813 )
“ A mea noite se vieron as santas luces, (…) e pola mañá cantou misa o Santo Bispo en Solobio, e se foi a aquel lugar (…) Chegaron onde estaba a Santa Coba, e entrou dentro (…) E viron ser o Corpo do Apóstolo, o que tiña a cabeza courtada e o Bordón dentro cun letreiro que decía:
Aquí jaz Jacobo, Filho do Cebedeo e de Salomé, irmán de San Juan, que matou Herodes en Jerusalén, e veo por Mar co os seus discípulos hastra Iria Flavia de Galicia, e veo nun carro e Bois de Lupa, señora deste campo, e deiquí non quiseron pasar máis adiante…”.
Do prólogo do Libro de la “ Cofradía de Cambeadores “ ( S XIV )
Este relato recolle unha lenda popular que narra o descubremento do suposto sepulcro do Apóstolo Santiago nun bosque preto de iria Flavia ( Padrón ), no que un ermitaño de nome Pelaio foi testemuña da aparición de unhas estranas luces e dun cantos de anxos.
Segundo a tradición popular, ao lugar chamóuselle “CAMPUS STELLAE” ( campo da estrela ) e logo SANT-IAGO, e de aí deriva o nome actual da cidade: Santiago de Compostela.
Este acontecemento dará lugar a toda unha serie de peregrinacións a Compostela desde toda Europa a través do CAMIÑO DE SANTIAGO ( Ruta Xacobea pou Camiño Francés )e que terá consecuencias importantísimas a nivel social, económico e cultural:
-
A nivel económico: durante os S XII-XIII xurde o proceso de urbanización en toda Europa. En España, e sobre todo en Galicia, comenza a crearse núcleos urbanos ( burgos ou cidades ) a carón do Camiño de Santiago grazas ao xurdimento de hospederías, mercados e hospitais para atender aos peregrinos que se dirixen a Santiago. Así, desenvólvense toda unha actividade artesanal e comercial, que á súa vez, axudan a crecer ás cidades atraendo poboación cara elas.
-
A nivel social: Aparece, como consecuencia das novas actividades económicas, unha nova clase social:a burguesía, que se opoñerá ós privilexios dos nobles e eclesiásticos, causándose así revoltas contra os señores para obter unha maior autonomía das cidades, como en Santiago, onde no S XII houbo unha revolta contra Dona Urraca e o arcebispo Xelmírez.
-
A nivel cultural: O Camiño de Santiago fixo de vehículo de espallamento da cultura medieval europea, como p.ex., a arte románica.
Posted on 1 de Febreiro de 2013, in 2º ESO, HISTORIA and tagged Compostela, Galicia, Idade Media, Santiago. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0