TAREFA

TAREFA

 Somos empregados dunha produtora audiovisual que nace coa intención de facer un traballo de divulgación, de moi diversos campos de coñecemento ( ciencia, tecnoloxías, historia, ecoloxía, literatura, mediciña, bioloxía, xeografía,….) e cuxo fin principal é concienciar á poboación na importancia de tomar parte activa fronte ós problemas do mundo actual: pobreza, inxustizas sociais, guerras, cambio climático, desastres ecolóxicos,….

 Esta produtora ten o compromiso de que a súa tarefa de divulgación e concienciación sexa ecuánime, presente información obxectica e ben documentada, clara e ben fundamentada. Deste xeito as opinións vertidas nas súas reportaxes estarán sustentadas sobre sólidas bases.

 Nesta caso, o obxectivo é realizar unha serie documental sobre a influencia do uso e consumo de recursos enerxéticos na sostibilidade do sistema. Os temas deste documental son:

–  A enerxia na historia: o uso e consumo de recursos enerxéticos ao longo da historia.

–  Revolución industrial: revolución enerxética.

  • A 1ª revolución industrial.

  • A 2ª revolución industrial.

Medios de transporte coma exemplo dos cambios nos usos das fontes de enrxía:

  • Ata a revolución industrial.

  • Desde a revolución dos transportes ata hoxe en día.

  • O futuro dos medios de transporte.

– Coma complemento ao documental: E ti que me dis avó? : uso e consumo de recursos enerxéticos da época da súa mocidade ( cando tiña 16-17 anos ) e a diferencia coa actualidade. ¿ Podemos apender deles, do xeito de vida que os nosos maiores tiñan ?

 

Formaredes un grupo de traballo no cada un ten un rol determinado:

  1. Coordenador do equipo:

Principais responsabilidades: artellará a búsqueda, recollida e clasificación de información, así como a coordinación do traballo do resto de compoñentes.

  1. Experto en ciencias.

Principais responsabilidades: encargado da parte científica, supervisando que as informacións de base científica estean ben sustentadas,argumentadas e ben comunicadas.

  1. Especialista en historia.

Principais responsabilidades: ofrecerá unha visión claramente histórica sobe o uso e consumo das fontes enerxéticas por parte do home ó longo da súa existencia, así como as súas consecuencias na sostibilidade do sistema.

  1. Experto en enerxía.

Principais responsabilidades: xunto co historiador , e coa supervisión do experto en ciencias, buscará información sobre os diversos tipos de fontes de enerxía e o seu uso ó longo da historia.

  1. Especialista en ecoloxía.

Principais responsabilidades: buscará información,coa colaboración do experto en ciencas, sobre  as consecuencias medioambientais do uso e consumo das diversas fontes de enerxía.

 Como xa se apuntou, a vosa misión e elaborar unha serie  documental sobre recursos enerxéticos e sostibilidade.

 O primeiro que deberedes facer e unha tormenta de ideas para porlle título ao voso documental. Pensade que o poderedes cambiar máis adiante.

 Esta serie documental terá o seu principal escenario na rede, polo que os resultados serán postos á disposición do público nun blogue que a produtora porá á vosa disposición.

Posted on 4 de Xaneiro de 2013, in 1º Bacharelato, Historia do Mundo Contemporáneo and tagged . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: