INTRODUCIÓN

INTRODUCCIÓN

Un dos puntos fráxiles que presenta a época contemporánea é a sostibilidade do sistema económico que ten a súa orixe a fins do S XVIII en Gran Bretaña e se estendeu ó resto de Europa ( e do mundo ) nos dous séculos seguintes, o que se denomina Revolución Industrial.

 Pero, ¿ a que nos referimos cando falamos de sostibilidade?

 A palabra sostibilidade fai referencia ó equilibrio entre os recursos que a natureza nos ofrece e o seu consumo por parte do ser humano.

 Pero o home veu en romper este equilibrio, rompendo as dúas condicións imprescindibles para mantelo: esquilma os recursos, xerando residuos que non se aproveitan e que por riba contaminan.

 Nos medios de comunicación, termos como efecto invernadoiro, problemas enerxéticos, residuos, cambio climático, etc son tan normais que nos sorprendería abrir un periódico e non atopar algún titular no que aparezan.

 Unha alta porcentaxe deses titulares van referidos aos conflictos bélicos ou ás  crises  económicas e sociais, sempre- xa desde tempos inmemoriais –   coa mesma motivación intrínseca: o control dos recursos naturais, xa sexan homes prehistóricos loitando polos mellores territorios de caza ou o home contemporáneo polo petróleo de Oriente Medio ( guerra de Irak, p.ex.)

 Como cidadáns do futuro e  como persoas comprometidos, invitámosvos a  participar neste proxecto onde poderedes profundizar  e valorar o cambio que supuxo o proceso de industrialización dos dous últimos séculos no mundo, e a súa  relación coa sostibilidade do sistema.

 O final do proceso de traballo, e entre tod@s, seremos quen de argumentar  con rigor a resposta a esta pregunta:

 ¿ Cal é a influencia  do uso e consumo dos recursos enerxéticos por parte do ser humano, na actual ( e futura) situación na sostibilidade do sistema, é decir, no equilibrio entre recursos e consumo  ?

 ¿Imos alá?

 

 

Posted on 4 de Xaneiro de 2013, in 1º Bacharelato, Historia do Mundo Contemporáneo and tagged . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: