5. SEÑORES E CAMPESIÑOS: O SEÑORÍO

O feudo que recibía o señor en pago á súa vasalaxe, é decir, as terras do señor ( o señorío ) dividianse en:

  • Reserva señorial: Nestas terras o señor obtiña os alimentos básicos ( cereais, ovos, leite e quiexo, viño …)

  • Mansos: Pequeñas leiras ( unidades de explotación familiar ) traballadas por campesiños ( libres ou servos ) que pagaban unha renda ao señor: en produtos da colleita, traballo persoal  ou incluso diñeiro.

Os impostos que tiña que pagar o campesiño ao señor eran moitos e moi variados: por usar monopolios do señor ( muíño, ferrería, forno, … ), por dereitos de mercado, caza, pesca, uso do bosque e pastos, paso por pontes, …  Tamén tiña que darlle á igrexa o décimo ( décima parte da colleita ) e outros máis.

PRESTACIÓNS ECONÓMICAS E PERSOAIS DO CAMPESIÑO NA IDADE MEDIA

MIÑERÍA

A terra que traballa o campesiño volve a mans do señor ao morrer o campesiño sen fillos
LUTUOSA Obligación de entregar ao señor á morte do colono unha prestación en metálico ou unha cabeza de gando
CONDUCHO Pagar en matálico ou especie ( produtos ) o necesario para a comida e aloxamento do señor que atravesa as terras do señorío
MONTAZGO Pago polo aproveitamento da leña dos montes
HERBAZGO Pago pola utilización dos pastos dos prados comúns
PONTAZGO Pago para podera atravesar por pontes e camiños particulares
MÁQUILA, FORNÁTICO Pago por moer o trigo ou outro produto, cocer o pan, … é decir, por utilizar o muíño ou forno que o señor explotaba en réxime de monopolio (= que el só, e ninguén máis,  podía ter)
GAIOSA, VODAS Cantidade pagada por ter un fillo ou por casar.
INTESTIA O señor quédase con parte da herdanza do campesiño
CUGUCIA Multa por adulterio da muller do pagés
ARXINA Indemnización ao señor en caso de incendio no manso
PRIVILEXIO DO CORRAL Permitía ao señor coller galiñas, polos, carneiros ….

SISTEMA DE IMPOSTOS NO ARCEBISPADO DE SANTIAGO

FONSADO Obriga de ir ás tropas do arcebispo
FONSADEIRA Para non servir en armas ao arcebispo
ANUBDA Obriga de axudar a reparar e vixiar os castelos e vilas do arcebispo
GAIOSA Por ter un fillo
OSSAS Por casar
LUTUOSA Por morrer
FACENDERA Ir traballar ás terras do arcebispo
FUMALGA Según o número de casas habitadas que se teña
MIÑERÍA Cando non testa unha persoa
MONTAZGO Por facer uso do monte
HERBÁTICO Por pastar
Portazgo Por tránsito de persoas ou mercadorías
SUBSIDIO Recaudado polo rei ás igrexas
EXCUSADO Apropiación para a Coroa do dezmo máis rico
ALCABALA Pago do 10% das vendas
CENTOS Pago do 1% de recargo sobre a alcabala
MILLÓNS Cando se dá privilexio por comercair un produto determinado
VOTO DO APÓSTOLO Limosna ao Apóstolo santiago
SISA Roubo ao peso
CRUZADA Para as cruzadas
MULA E CULLER Xando alguén viña en labouras de control e inspección
SERVIZOS “Petitio” ( Durante a época dos Reis Católicos )

Isto facía en moitas ocasións insoportable a vida do campesiño que, coma comunmente se soe decir, vivía coa auga ao pescozo, a pesares de que a agricultura mellorou a tecnoloxía e os rendementos. O aproveitamento do bosque e a explotación gandeira eran un complemento indispensdable para o labrego. No monte cazaba e pescaba ( a maioría das veces de xeito furtivo,sen permiso do señor ), tiña leña, froitos silvestres, pastos para o gando,…  Ademáis sempre se dispoñía de animais: galiñas, porcos, cabras, ovellas, patos, coellos, bois e vacas …

Posted on 22 de Outubro de 2012, in 2º ESO, HISTORIA and tagged , , , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: