2. EUROPA NO ANO 1.000
A vida era moi dura para os habitantes da Europa do ano mil. As condicións de vida non eran fáciles:
-
Unha agricultura moi atrasada e, xa que logo, moi pouco produtiva. Ante calquera calamidade ( unha seca, inundacións, pragas … ) as xentes se enfrontaban á fame. E iso ocorría de cotío.
-
A esperanza de vida era moi curta. A mala alimentación facía máis doado contraer enfermidades e isto aumentaba a mortalidade.
-
Durante os S IX e X, Europa volve a sufrir novas invasións, sobre todo dos vikingos ou normandos ( polo Norte ), maxiares e eslavos ( polo Leste ) e piratas sarracenos (musulmás, polo Mediterráneo ). Son o que se coñecen coma segundas invasións ( Lembra: as primeiras foron no SV e os pobos bárbaros acabaron co Imperio Romano ). ¿Cal é a consecuencia destas invasións? Inseguridade, guerras, saqueos, máis pobreza, retroceso cultural … Sobre o ataque vikingo a Santa Eulalia de Curtis (Galicia) no ano 995, un documento da época conta:
«por causa do pecado, chegaron as xentes dos normandos a esa terra e devastaron tanto esa igrexa coma outras veciñas, do mesmo xeito que prenderon aos seus sacerdotes e os pasaron pola espada, e as propias escrituras desa igrexa queimáronas ata non quedar alí pedra ningunha”
Refórzanse así, os dous tipos de relación que se desenvolverán no feudalismo, na búsqueda de seguridade:
-
Relacións señor – vasalo ( rei – nobres )
-
Relacións señor – servo ( nobre – campesiño )
É decir, como deciamos ao final do tema anterior cando falamos da fin do Imperio de Carlomagno:
O feudalismo está a nacer.
Posted on 22 de Outubro de 2012, in 2º ESO, HISTORIA and tagged ano 1.000, Idade Media. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0