3. A SOCIEDADE FEUDAL: OS TRES ESTAMENTOS

Uns rezan ( oratores ), outros combaten ( pugnatores ) e outros traballan ( laboratores ).

Quen reza, solicita a protección divina para quen combate e para quen traballa.

Quen combate, da protección e seguridade a cregos e traballadores.

Quen traballa, alimenta a cabaleiros e cregos.

Guerreiros, cregos e campesiños

son as tres ordes ou estamentos básicos da sociedade crisitiá, creada por Deus.

Tanto cabaleiros coma cregos, eran privilexiados ( non pagaban impostos )

mentras que o pobo (a maioría da poboación ) non tiñan privilexios: pagaban impostos.

 

OS PRIVILEXIADOS:

1. Os nobres: A nobreza é o estamento ou grupo que está no cumio da pirámide social e o máis poderoso. Son o que reciben o encargo de defender ao resto dos membros da sociedade: son os guerreiros. Realmente a maioría das veces estaban combatindo entre eles para acadar máis poder e terras. Viven en castelos e pazos. E, como veremos, teñen lazos de vasalaxe entre eles dentro das relacións feudais.

Podemos distinguir dous grupos, que se diferencian pola súa riqueza e poder:

  • Alta nobreza: Son vasalos directos do rei:  duque, marqués, conde, vizconde, barón.

  • Baixa nobeza: son os cabaleiros ou miles, vasalos da alta nobreza.

2. O clero: A igrexa cristiá xoga un importante papel na sociedade da Idade Media. Pero debemos que distinguir entre alto e baixo clero:

  • Alto clero: son poseedores de enormes riquezas e terras. Nos seus señoríos, os bispos e abades compórtanse coma verdadeiros señores feudais. O centro do seu poder son as catedrais e os mosteiros.

  • Baixo clero: moi alonxado da vida da alta xerarquía da igrexa, ás veces sobrevive en condicións similares ao campesiñado.

Mención esepcial debe ter o clero regular: os monxes que vivían nos mosteiros. Alí, a norma era: ora et labora. Traballo e oración. Os monxes oraban, meditaban, pero tamén traballaban nas terras, pero sobre todo nas bibliotecas. Nelas gardaban as copias que facían dos libros, verdadeiras xoias. Eran os gardiáns da cultura.

 OS NON PRIVILEXIADOS:

3. O pobo: Os traballadores.

  • Os campesiños. O campo foi o gran protagonista da Idade Media europea. A agricultura e a gandería proporcionaban a maior parte dos recursos daquela época  e arredor da terra se articulaban as relacións sociais. E falar do campo é tanto como falar dos campesiños. Así os definían as Partidas de Afonso X o Sabio( 1221 – 1284 ):

    ”los que labran a terra e fazen en ella aquellas cosas por que los omes han de bivir e de mantenerse”.

    Eran ,xa que logo, a forza de traballo esencial daquela sociedade. Os campesiños -os servos- non eran escravos: tiñan moitas obrigas so señor feudal ( pagar rendas, traballar para el certos días no ano …), pero a maioría dos homes da Idade Media eran homes libres. Os servos, campesiños que estabas adscritos á terra ( non podían abandoar o señorío ), nunca chegaron a seren escravos.

  • Burgueses: habitantes dos burgos ( = cidades ). Son os artesáns e comerciantes. A partir do S.X e co renacemento urbano irán tomando importancia na sociedade medieval. Falaremos deles máis adiante.

    O castelo

    O mosteiro

    A aldea

    A cidade

Posted on 22 de Outubro de 2012, in 2º ESO, HISTORIA and tagged , , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: