1. INTRODUCIÓN

Nos antigos territorios do Imperio Romano que configuran a actual Europa asentáronse ( entre os séculos V e VI ) unha serie de pobos chamados xermánicos ou bárbaros – suevos, visigodos, burgundios, anglosaxóns,…- que co tempo darán lugar ás distintas monarquías europeas.

Nesta Europa é onde se vai desenrolar o sistema social e político coñecido co nome de Feudalismo. As características que  definen esta época serían as seguintes:

a)      Proceso de ruralización. As cidades perden importancia na vida das xentes da Idade Media: tanto as actividades artesanais como o comercio perden peso.

b)      A actividade económica dominante era unha agricultura atrasada: o nivel tecnolóxico era moi baixo e, polo tanto, os rendementos tamén eran escasos. Isto provocaba frecuentes crises e periodos de fame.

c)       Foise  formando un grupo social moi poderosos e rico:  os nobles e os membros do alto clero ( bispos, cardenais, abades dos mosteiros). Fixéronse donos das terras e comenzaron a exercer xustiza nelas : eran os “ señores “.

d)      A gran masa de campesiños – o grupo social maioritario -dependían destes señores tanto para conseguir as terras que traballar como para ter garantida a súa defensa e seguridade.

e)      Os reis, que non eran quen de controlar todo o territorio dos seus reinos, cedían o seu poder a condes e señores locais que gobernaban sobre parte dos territorios ( “ feudos “ ), a cambio dun xuramento de fidelidade ( “ vasalaxe “ ): feudalismo.

f)       O cristianismo estendeuse por Europa e actuou coma unha ideoloxía sustentadora destas sociedades feudais. A igrexa vai gañando poder: ideolóxico, político, social, económico e cultural.

Posted on 22 de Outubro de 2012, in HISTORIA and tagged , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: