3. ORIENTE: IMPERIO BIZANTINO.

O Imperio Romano de Oriente resiste as invasións dos pobos bárbaros e desenvolve unha civilización durante uns mil anos, herdeira da romana, ata que no 1453 os turcos toman a súa capital, Constantinopla. Estamos a falar do Imperio Bizantino, que toma o nome da súa capital: Bizancio, despois chamada Constantinopla.

Xustiniano ( 527 – 565 ) , o seu emperador máis importantes, tentou reunificar o Imperio Romano. No seguinte mapa podes ver que conquistou Italia, o Norte de África e o sur da Hispania visigoda. Con isto consegue volver a dominar prácticamente todo o Mediterráneo.

Xustiniano ( 527 – 565 )

Pero estas conquistas non foron por moito tempo: os reinos xermánicos e o islam arrebatáronllas  ( incluso os normandos – ou vikingos – os expulsaron do sur de Italia ), entrando así nun longo período de crise, ata que foron invadidos polos turcos otomanos ( 1453 )

A civilización bizantina tivo moita importancia na Europa medieval, sendo a herdeira da civilización romana ( Xustiniano, p.ex., codificou todas as leis: o Código Xustiniano ) e grega ( o grego era o idioma oficial ), asi como da cristiana. A igrexa cristiana desempeñou un importante papel en Bizancio, coa figura do Patriarca de Constantinopla. Este rivalizaba co Papa de Roma, ata o punto de crear un cisma: a separación no 1054 entre a Igrexa católica de Roma e a ortodoxa de Constantinopla.

O legado artístico do Imperio Bizantino ten moita relación coa relixión: a igrexa ( o máximo espxonente é Santa Sofía de Constantinopla – S VI – co seu xogo de cúpulas e semicúpulas ), os mosaicos (que representaban escenas relixiosas) e as iconas ( imaxes relixiosas).

Para coñecer mellor o Imperio Bizantino

Preme na imaxe

Posted on 1 de Outubro de 2012, in 2º ESO, HISTORIA and tagged . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: