2. NORTE DE ÁFRICA: ISLAM

O Islam nace na península Arábiga, un territorio desértico e habitado por tribos enfrontadas entre si, sen ningún poder – non había ningún estado –  ou relixión – eran politeístas – que as unise. Só había un elemento que realmente era común a todos: a lingua árabe.

 No SVII xurdíu un personaxe , Mahoma ( 571 – 632 ) que predicou unha nova relixión: o Islam (“sometemento a deus”: Alá ). Na súa cidade, A Meca, o Islam non foi ben recibido e tivo que fuxir a Medina no a no ano 622: é a data coñecida como a Héxira, comezo do calendario musulmán.

 Os musulmás – ou seguidores do islam – deben seguir os 5 preceptos ou regras que marca o Corán ou libro sagrado:

  • Profesión de fe: “Non hai máis deus que Alá e Mahoma é o seu profeta”

  • Oración 5 veces ao día mirando á Meca. Oración colectiva os venres na mesquita ( lugar de reunión para a oración )

  • Esmola aos pobres e necesitados.

  • Xaxún no mes de Ramadán desde o mencer ao solpor.

  • Peregrinación á Meca polo menos unha vez na vida.

Outras normas son non beber alcohol nen comer carne de porco, permítese a poligamia e prohíbense os xogos de azar.

Unha vez morto Mahoma e facendo uso da yihad ou guerra santa, os musulmáns estenderon o Islam, creando un gran imperio:

  • Califato ortodoxo ( 632 – 661): Desde Medina, os sucesores de Mahoma conquistan Siria, Palestina, Exipto, Persia e Mesopotamia.

  • Califato Omeya( 661 – 750): A familia dos Omeyas trasladan a capital a Damasco, conquistando o Norte de África e a Península Ibérica polo oeste, chegando ata o Val do Indo polo Leste

  • Califato Abasí( 750 – 1258): A dinastía abasí leva a capital a Baghdad . No ano 1055, esta dinastía estará baixo o dominio turco ata a toma da capital polos mongois en 1258.

Os califas, xefes políticos e relixiosos, dirixían o imperio xunto cos seus conselleiros ( primeiro ministro ou visir ), gobernadores de provincias ( valís ) e os xuices ( cadís )

 A pesares de que a economía musulmá estaba baseada na agricultura, eran grandes artesáns e bos comerciantes, por terra ( son moi coñecidas as caravans de camelos ) e por mar ( lembra as historias de Simbad o Mariño, un dos relatos das Mil e unha noites ). A medina ou cidade musulmá tiña  -e  ten – o zoco ou mercado onde comerciantes e artesáns ofrecen produtos ao público.

Cidade árabe e mesquita
Imaxes: Banco de imaxes INTEF

Os musulmás desenvolveron unha gran civilización, cun gran gusto pola cultura e os libros ( tiñan grandes bibliotecas con obras de autores gregos e romanos, así coma de relatos propios coma as Mil e unha noites ), a arte e a música.

Actividade para coñecer mellor o Islam.

Preme na imaxe

Posted on 1 de Outubro de 2012, in 2º ESO, HISTORIA and tagged . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: