ANTIGO RÉXIME: ECONOMÍA

– Feudal agraria: o mundo rural supón un enorme peso: 80-90% poboación campesiña

  • Europa oriental: situación de servidume, diferenciándose pouco da escravitude.

  • Europa Occidental e Mediterránea: mellor situación, pero boa parte da súa producción quedaba en mans dos propietarios da terra ( nobles, igrexa, Estado).

  • Propietarios das 2/3 terras: nobles e clero ( señoríos polos cales recibían rendas de carácter feudal). A propiedade era vinculada, é decir, o propietario pode sacar proveito dela pero non era libre de vendela.

  • Estancamento agrícola: agricultura de subsistencia (productividade baixa, atraso tecnolóxico, autoconsumo e case nulo comercio ): crises de subsistencias.

  • Traballo en “openfields” ( campos abertos ): o terrazgo se dividía en varias follas e os costumes colectivos impedían as innovacións agrícolas.

  • Importancia das terras comunais.

Industria:

  • Artesanal e gremial.

  • S XVI – XVIII: Domestic system: industria de tipo rural que compaxinaba o traballo agrícola co traballo doméstico na “industria “ textil de lá e liño.

  • S XVIII: manufacturas

Mercantilismo  Colbert – 1619- 83 – , ministro do rei francés do S XVII, Luis XIV ): doctrina económica en boga en Europa e as súas colonias entre os S XVI – XVIII:

  • A riqueza dun país radica na acumulación de metais preciosos ( ouro e plata).

  • Proteccionismo: Aumentar as exportacións,  e limitar e reducir as importacións con taxas aduaneiras ós productos estranxeiros, para así elevar os seu prezo e ser menos competitivos que os productos nacionais.

  • Fomento das manufacturas ( instalacións industriais).

  • Economía regulada polo Estado.

–  Comercio:

  • Interior: escaso ( non hai excedentes, transportes precarios, pouca demanda) a base da celebración de feiras.

  • Colonial:

    • Obtéñense materias primas baratas nas colonias ( África, América, Asia ) a cambio de productos manufacturados, obtendo grandes beneficios.

    • Auxe da burguesía comercial ( mercaderes, banqueiros e traficantes de escravos)

    • Ao mesmo tempo estimulou a actividade industrial en Europa, unha actividade baseada na produción artesanal de manufacturas en pequenos obradoiros.

    • O comercio foi así a base dun incipiente capitalismo comercial: Denomínase capitalismo comercial á acumulación de capital procedente dos beneficios orixinados polo comercio, moi especialmente o ultramarino, que as potencias europeas tiñan con América, Asia e África entre os séculos XVI e XVIII. Basicamente supoñía a existencia nesas áreas dunha agricultura que proporcinaba enormes beneficios porque a man de obra resultaba moi barata  -escrava ou semiesclava- e polo alto prezo que algúns produtos coloniales alcanzaban en Europa. Esta expansión comercial propiciou a prosperidad de varias áreas da Europa do NW e moi especialmente de Gran Bretaaña, e permitiría máis tarde investir eses capitais na industria e na banca e dar así o paso ao capitalismo industrial e financeiro.

Posted on 17 de Setembro de 2012, in 1º Bacharelato, Historia do Mundo Contemporáneo and tagged . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: