Daily Archives: 15 de Setembro de 2012

7. OS REINOS BÁRBAROS.

No ano 409 , suevos, vándalos e alanos entran en Hispania. Os romanos, no 415, buscan a axuda so visigodos . Estes vencen a vándalos e alanos, e  acurrunchan na Gallaecia aos suevos.

  • O reino suevo ( 411 – 585 ). Os suevos asentáronse na Gallaecia. Desde alí, con reis coma Requila ou Requiario loitaron contra os visigodos, ampliando os seus territorios cara Lusitania e Baetica. Os visigodos , co rei Teodorico II, venceron na batalla do Órbigo ( ano 456 ) e no 585, co rei Leovixildo, invadiron o territorio suevo.

  • O reino visigodo ( 507 – 711 ). Os visigodos instauran unha monarquía na Península que se integrou cos hispanos, romanizándose: recopilan as leis no Liber Iudicorum ( 654, Recesvinto ) ou convértense ao cristianismo ( 589, Recaredo ). No 711, os muslmáns vencen na batalla de Guadalete e acaban co dominio visigodona antiga Hispania.