CONQUISTA E ROMANIZACIÓN DE HISPANIA E GALLAECIA

A conquista de Hispania por Roma comenzou dentro das Guerras Púnicas entre os cartaxineses ( Asdrúbal e Aníbal ) e os romanos.

Guerras púnicas ( kalipedia.com )

Esta conquista pasou por 3 fases:

  • 1ª fase : 218 – 170 a.C.: conquista da zona leste e sur da Península.

  • 2ª fase: 154 – 133 a.C.: conquista da Meseta contra lusitanos ( guerra de guerrillas de Viriato ) e celtíberos ( heroico cerco de Numancia de máis dun ano ). No 137 a.C., as tropas romanas ao mando de Décimo Bruto tomaron contacto por primeira vez con Galicia.

  • 3ª fase: 29-19 a.C.: Guerra Cántabras: conquista do Norte( astures, cántabros, vascóns e galaicos )

    Morte de Viriato

Paralelamente á conquista, foise producindo a romanización dos territorios peninsulares: proceso polo cal os pobos indíxenas van asimilando a cultura, as fomas de vida e costumes, a lingua, as leis … de Roma. No proceso tivo moita importancia o exército, a utilización do latín coma idioma común ( de aí veñen o castelán, o catalán e o galego ), as vías de comunicación (as calzadas ) e a fundación de cidades ( moitas das ciudades actuais foron fundadas naquela época: Lucus Augusti, Iria Flavia, Brigantium, Aquae Urentes,Tarraco, Emerita Augusta, Corduba, Salamantica, Caesaraugusta e tantas outras.

Iberia según Estrabón

Iberia según Estrabón ( esacademic.com )

Posted on 15 de Setembro de 2012, in 1º ESO, Historia and tagged . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: